Os nenos e nenas de 6ºAforon convidados ao Pleno de Tomiño 2017, o 20 de novembro para falar do seu dereito a opinar (artigo 12), segundo a Convención dos Dereitos do neno.
Os nenos teñen o dereito de opinar sobre o cambio climático e os efectos que este ten na infancia, e así o expuxeron.
Falaron da importancia de plantar árbores autóctanas, como o castiñeiro e o carballo, das consecuencias dos lumes...
Tamén tivemos a sorte de ser recibidos (sen cita!!!) pola Alcaldesa, o Concexal de Urbanismo e a arquitecta do Concello!
PLENO DE TOMIÑO 2017
A ALCALDESA, O CONCELLEIRO DE URBANISMO E A ARQUITECTA DO CONCELLO RECÍBENNOS!!!
Despois de adiar esta festa de Outono dúas veces por motivos meteorolóxicos, este venres día 10 celebramos por fin o Magosto.
Comezamos a xornada coa xa tradicional carreira de San Martiño, logo tivemos un pequeno recreo que deu paso á celebración dos xogos de Outono, algúns destes relacionados coa Ciencia, como son o caso dos Robots e o Volcán; que é a temática anual do noso centro denominado CON-CIENCIA.
Xa para rematar, tivemos a degustación das castañas. Non houba tantas como outros anos pero, que boas estaban!
Videos da xornada
Preme na imaxe para ver as fotos desta celebración