Ola de novo!
Co novo trimestre retámosvos a que volvades a facer algo de papiroflexia (origami).
Nesta ocasión, que vos parece facer un comecocos deportivo?
Pero iso sí, en lugar de buscar quen é a persoa que che gusta, terás que descubrir que exercicio físico farás. A que mola?
Primeiro terás que construir o comecocos. Non é preciso que imprimas o documento. Podes debuxalo a partir dunha folla de papel cadrada. Pincha na imaxe para ver o documento.