Hola nenos e nenas do Caselles. Benvidos de novo. Os mestres de EF desexamos que todos e todas esteades ben.
Non por estar na casa, deixaremos de xogar.
Hoxe toca xogar con globos, que así non rompemos nada, verdade?
Quecemento: Temos que poñer unha canción e non deixar que o globo caia ao chan ata que remate a canción.
XOGO 1:Hockey con globos. Cun pao dunha escoba a modo de stick, intentaremos meter gol nunha portería improvisada. Animade aos vosos irmáns, papis, avós...
XOGO 2: Equililibrio con globos. Se podedes por parellas levar o globo entre dúas persoas con distintans partes do corpo. Se o facedes sós, levalo con distintas partes do corpo: man dereita e esquerda, pé...
Relaxación: a escoitar unha canción relaxada e masaxear as distintas partes do corpo co globo, e pensar en cando poidamos volver a vernos.
Saúdos a todos, MAREA VERDE