Nova oportunidade para participar neste desafío
Esta vez debedes introducir o código 05449931
Agora o prazo remata o domingo! Sorte!
Coñecedes Kahoot?
E unha aplicación que funciona nos móbiles e tamén nas tablets ou ordenadores, para xogar a responder preguntas.
So tedes que buscar Kahoot no navegador, e seleccionar no enlace "Play Kahoot"
Temos unha batería de 15 preguntas sobre as actividades que vos propuxemos no blog, dende os xogos malabares ata o acrosport.
Antes de xogar, recomendámosvos revisar todas as actividades!
Para xogar:
en Play Kahoot, introduce o código seguinte:
0124503
Logo deberás identificarte, poñendo o teu nome, e comezar o xogo.
Para cada pregunta tes un tempo de 20 segundos. Seleccionarás a correcta entre catro posibles respostas.
Acertar é importante, e tamén a rapidez na resposta.
Conforme xogues, irás vendo a clasificación na que quedas con relacións aos demáis participantes.
Ah! Importante: o desafío remata o luns 6 ás 12 da noite. Non o deixedes de facer!
Neste xogo pode participar toda a familia
Animo e sorte!