CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

MAGOSTO E FESTA DO OUTONO 2013

   E xa remataron as festas do outono.

   Primeiro foi o cross: quentaron, estiraron e correron coma verdadeiros profesionais.

   Despois dun pequeno recreo participaron nos xogos populares onde os nenos e nenas de sexto fixeron de monitores.

   Mentras se xogaba algunhas nenas e nenos, tamén de sexto, axudadas por tres profesoras, prepararon as fogueiras e asaron as castañas. A iso da unha comeron as castañas asadas e aínda tiveron tempo de xogar un pouco máis.

 

   Pouco a pouco iremos metendo tódalas fotos e videos da xornada.