Hoxe o CEP Pedro Caselles uníuse aos outros colexios do concello para participar na carreira solidaria para recadar fondos para o programa "Vacacións en Paz". Cada neno ou nena buscou "patrocinadores"entre os seus familiares, que unha vez na casa lle pagarán por volta acadada, o diñeiro recadado seralle entregado a ONG Solidaridade Galega co Pobo Saharaui que se encarga de traer a nenos do Sahara a pasar as súas vacacións a Tomiño cada verán. A carreira celebrouse no entorno da fortaleza de Goián, perto do río, ademáis de correr había unha pequena exposición e unha jaima que se podían visitar.
Tamén nos acompañou a TVG, se queredes ver a reportaxe premede AQUI, e ide ao minuto 25 do video.