SI RADIO: RADIO EMOCIÓNATE

Con motivo do noventa aniversario da chegada da radio a Galicia, SI Radio e a Asociación Ondiñas, percorren os colexios galegos levando a radio ás escolas. Da man das e dos máis novos dan a coñecer a actualidade dos seus Concellos e rescatan da memoria as lembranzas vividas ao carón dun aparello de radio. Podedes velo premendo AQUÍ

Nesta ocasión tocoulle ao noso colexio. Na biblioteca montouse un estudo de radio e unha exposición de radios antigas. Todos os nenos e nenas do CEP Pedro Caselles tiveron ocasión de asistir como público, pero foi o alumnado de quinto o encargado de axudar a presentadora, Amparo, a realizar este fabuloso traballo.

Entrevistamos a moitos tomiñeses importantes:

-Sandra, a nosa alcaldesa que foi alumna deste colexio.

-Éder, baixista da orquestra América, que é pai dun  neno de quinto. Éder, ademais de contestar ás preguntas, tamén tocou tres pezas que nos encantaron.

-Esteban, outro ex-alumno que se preparou para ser presentador de radio.

-Manu, un antigo alumno do Caselles, que acaba de conseguir unha medalla de prata nunha Copa do Mundo de piragüismo, na modalidade de Extremo.

-Gabriel, un coleccionista de radios, que as cedeu para a exposición.

-Gabino, director e ideador de radio emociónate, este proxecto que leva a radio as escolas.

-Alfonso, o noso director.

Foi moi emocionante, e nós fixémolo moi ben, todo o mundo nos felicitou. Agora so nos queda que saquen a gravación para poder escoitala.

Podedes ver fotos do programa premendo na imaxe.