Ola a todos. Seguro que xa coñecedes este xogo. O primeiro que tedes que facer é gardar os tapóns das botellas, que seguro que xa o facedes.
Circuito: se tedes balcón, terraza etc... podedes facelo con xiz, e se é no interior da casa con outro material como cinta adhesiva etc... (preguntade aos vosos papis). Despois facedes dúas liñas paralelas cunha saída e cunha meta. Que teña moitas curvas para que sexa máis divertido. Reglas do xogo: as saídas do circuito penalízanse con volver a empezar, e está permitido chocar unhas chapas coas outras para poder sacar do circuito ao contrario. Tamén podedes xogar sós, intentando dar o mínimo número de golpeos para chegar á meta. Golpeo: tedes que golpealo coa uña do dedo corazón, axudado para máis forza e precisión co pulgar. Espero que disfrutedes un montón