Desafío para estes días:
con tres pelotas de tenis, tres bolas de tamaño similar, ou mesmo tres mandarinas, tentade progresar neste xogos malabares clásicos de lanzar ao aire e recoller.
Seguide os pasos marcados neste video, e a ver ata onde chegades!!
Este venres 10 de marzo, tivo lugar unha xornada de atletismo organizada por AGRUDEBAM para inaugurar a pista de atletismo feita polo Concello de Tomiño para uso do noso centro en horario escolar e do público en xeral polas tardes e nas fins de semana.
Acompañáronnos neste acto inaugural o inspector de educación da zona Carlos Alberto Antuña, a alcaldesa Sandra González, o concelleiro de Deportes Ismael Troncoso, a concelleira de Cultura Cristina Martínez e o equipo directivo da ANPA Mosteiro.
Na xornada participaron os nenos e nenas de 5º de Primaria dos colexios de Tomiño e do Rosal: CPI Manuel Suárez Marquier, CEIP de Tebra, CEIP Pintor Antonio Fernández, CEIP de Barrantes, CEIP de Sobrada e o anfirión, o CEP Pedro Caselles Beltrán.
As probas nas que participaron foron: 60m lisos, 500m lisos, lanzamento de Vórtex, salto de lonxitude, lanzamento de peso e relevo 4x60 m. O profesorado de Educación Física dos diferentes colexios foron os responsables de organización e desarrollo da xornada, axudados polo alumnado de 6º de primaria do Caselles. O resto de nenos e nenas do noso centro tamén participaron asistindo como público e animando aos participantes.
As fotos da xornada podedes velas na páxina de AGRUDEBAM. Aquí vos deixamos un pequeno video resumo: