Título | Resumo | ||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Radio Uncas: Carrusel Deportivo de 5º B |
Presentamos o primeiro programa de Carrusel Deportivo. Nesta ocasión a cargo do alumnado de 5ºB. Unha crónica condensada dos partidos máis disputados nos deportes de brilé, escondite e 4 esquinas con troncos. Isto é o que hai nos recreos... E no control: Izan e Daniel |
||||||||||||||||||||||||
Emisión en directo 12 de maio de 2022 |
Emitimos en directo! O xoves 12 de maio inauguramos a nosa megafonía exterior, e aproveitando a semana cultural falamos do Camiño de Santiago a toda a comunidade. A emisión non foi moi ben. Tivemos problemas técnicos diversos, e o resultado final está aqui reflexado. Pero están colgados todos os podcasts dos difentes grupos ,e podedes escoitar con calidade. Prometemos mellorar técnicamente na próxima edición, que será pronto!
|
||||||||||||||||||||||||
CumpleUncas |
Durante o mes de Marzo tivemos de aniversario a varios amigos/as. Moitos parabéns!
|
||||||||||||||||||||||||
Rotamos! Roteiro de libros |
Por fin puidemos celebrar o día do libro tal e como agardabamos! Ao aire libre desfrutando dun roteiro cheo de libros e actividades. Roteiro organizado grazas aos rapaces e rapazas de quinto e sexto curso que xunto cas profesoras do equipo da biblio crearon un circuito configurado por seis estacións que atañen diferentes temáticas en relación aos libros da nosa biblioteca: -Chefs Caselles (cociña) -Plantas con flor(Kamishibai) -Vaia conto! (contos clásicos) -Monicreques (obradoiro de marionetas) -Titiriteiros (expresión oral) -Outras linguas (lingua de signos-alfabeto dactilolóxico) En cada unha das estacións nomeadas levouse a cabo unha curta actividade de dinamización que rematou cun agasallo final. Como foi unha xornada moi dinámica, subiremos nos próximos días máis artigos para que non perdades detalles. Clica nesta imaxe para ver tódalas fotos.
|
||||||||||||||||||||||||
Obradoiros de radio e tv |
s nenas e nenos de 6º ao longo de todo este curso estiveron facendo programiñas de radio e televisión arredor do tema dos oficios tradicionais. Durante dúas horas cada semana investigaron acerca da unidade temática e aprenderon o manexo básico da radio escolar. Estes catro programas son o resultado final.
|
||||||||||||||||||||||||
Un libro, o mellor agasallo. |
Este Nadal dende Biblio Caselles, ademais de desexarvos unhas felices festas, gustaríanos inspirarvos ca nosa árbore de Nadal. Unha árbore cargada de bos desexos en forma de libro. Desexos relacionados co noso proxecto: o comedor, dende o cal fomentamos os bos hábitos para o noso coidado e o coidado do planeta. Non credes que poderían ser un bo regaliño?
|
||||||||||||||||||||||||
QUEBRARTE |
Seguimos a traballar a arte dende a biblioteca! Despois de Retrátate con gusto que tivo un gran éxito comezamos con Quebrarte. En qué consiste esta actividade? Partimos da obra El Puchero de legumbres de Giuseppe Arcimboldo.
Unha vez que os nenos coñeceron este cadro, fixeron a súa propia obra, decorándoa o seu gusto. Cando estivo rematada crearon un crebacabezas coa mesma. Por último, intercambiáronse os crebacabezas para intentar completalos.
Ó igual que a anterior, esta actividade desenvolveuse durante os recreos.
|
||||||||||||||||||||||||
Despedimos o curso! |
Para despedir este curso 2020/2021 Uncas, a nosa mascota, escribiu unha carta a cada unha das clases. Na mesma, desexaba unhas felices vacacións de verán e tamén formulaba a seguinte pregunta: como serían as vacacións ideais para ti? A través da caixa do correo da biblio os rapaces e rapazas do CEP puideron facerlle chegar as súas respostas.
|
||||||||||||||||||||||||
Boas vacacións! |
Boas nenos e nenas! Aquí voso amigo Uncas, escribíndovos para desexarvos un moi bo feliz verán! Moi merecido por certo. Este curso, como todas e todos sabemos, foi algo "duro de pelar" pero ao fin o rematamos saíndo victoriosas e victoriosos. Espero que o pasarades ben nas diferentes actividades, no recreo, nos traballos cos compañeiros e compañeiras...Seguro as vades e os vades a botar moito en falta, pero algúns e algunhas vos veredes nestes meses. No caso de non ser así, en setembro boltaredes a vervos . Quixera despedirme dicindo que as vosas cartas foron incribles e os vosos debuxos aínda máis! que artistas! Algúns e algunhas este verán queredes pasalo en Maiorca, outros/as en Cabárceno... Tamén me escribíchedes moitos/as que vos gustaria ir a Paris e inclusive ata Australia! Pero, o que máis que gustou foi coñecer os vosos mundos ideais para pasar o verán, totalmente imaxinarios. Mundos cheos de tirolinas, unicornios, coches voadores, xeaderías e sobre todo...Piscinas!
Unha aperta enorme e ata o vindeiro cursos campioas e campións! UNCAS
|
||||||||||||||||||||||||
Aliméntate con Arte |
Dende a Biblioteca estamos a traballar a arte durante os recreos. Unha das actividades que se están a levar a cabo é Retrátate con gusto. Todos aqueles nenos que o desexen poden transformar o seu retrato, empregando diferentes alimentos, en auténticas obras de arte como as seguintes.
Para ver todas as imaxes, prema aquí. Aínda estades a tempo de apuntarvos e realizar o voso Retrato con Gusto. Animádevos!
|
||||||||||||||||||||||||
Mes da Ciencia 2020/2021 |
A finais do pasado trimestre celebramos o mes da ciencia. Mes que quixemos adicar especialmente (aínda que non unicamente) ás mulleres científicas da nosa terra. Puxemos en marcha así diferentes actividades nas que se realizaron tarefas enfocadas á investigación e á expresión verbal principalmente. Aínda que… O que máis usamos foi a nosa creatividade! E aínda que o realmente importante foi o proceso, aquí queda mostra dalgúns momentos e traballos sobre : *María José Alonso *Mar Campeáns *Begoña Vilas *Ángeles Alvariño *Antonia Ferrín *Leonardo da Vinci
|
||||||||||||||||||||||||
Duelo monstruoso! |
Como non podería ser doutro xeito, este ano tamén celebramos o noso SAMAÍN, porque en Biblio-Caselles encántanos “PASALO DE MEDO”!!! Para darlle valor as nosas raíces e tendo sempre presente a esencia da nosa cultura, quixemos facer unha homenaxe á tradición regueifeira do noso pobo. As regueifas, son disputas en forma de canto entre dúas ou máis persoas. Algo moi semellante ocorre coas actuais “batallas de galos”, que empregan o RAP como estilo comunicativo para resolver unha liorta oral entre os seus participantes. Desta mestura entre tradición e modernidade xurdiu o vídeo que achegamos a continuación. Unha disputa entre o Frankenstein, Home Lobo, pantasma e Drácula sobre quen é o máis terrorífico dos monstruos. Agradecemos a colaboración do noso alumnado de 5º B. E a ti... Quen che parece o máis monstruoso?
|
||||||||||||||||||||||||
Por un nadal cheo de lecturas |
A piques de comezar as nosas vacacións de nadal, dende a Biblio do Caselles queremos recordarvos que na entrada da biblioteca tedes recomendacións lectoras para estas datas. Por un nadal cheo de lecturas! Dende o Equipo de Biblioteca queremos desexarvos unhas felices festas, nas que non falten saúde e moito amor.
|
||||||||||||||||||||||||
Unha mente que invente |
Bos días peregrinos!
Hoxe remata o prazo para recoller, na biblioteca, o sobre co que podedes participar no concurso “Unha mente que invente”. Estes días, fostes moitos os que se achegaron a recollelo, polo que debemos agradecer a vosa participación e… se es dos que aínda están dubidando, date presa! Na entrada da biblioteca tedes inspiración para a realización dos vosos inventos que, de seguro, serán sorprendentes! Estamos desexando velos!
|
||||||||||||||||||||||||
Voltamos á biblio! |
O Equipo de Biblioteca ca colaboración de 4 alumn@s de quinto curso realizou este vídeo para mostrar as novidades da biblioteca durante este curso tan especial.
|
||||||||||||||||||||||||
As vosas cartas :) |
Boas nenos e nenas!
Estou encantado con tanta correspondencia! Gustáronme moito as vosas cartas, tanto polo que me contades coma polos debuxos e as cores.
Volvereivos a escribir!
Unha aperta,
UNCAS
|
||||||||||||||||||||||||
Estades inivitad@s a pasar! |
Antes do remate do primeiro trimestre as alumnas e alumnos de diferentes cursos puideron visitar a biblio. Na mesma puideron comprobar os cambios realizados tendo en conta o protocolo COVID e as novas normas. Pero, tamén puideron contemplar a exposición de libros sobre medio ambiente e comida saudable, os dous temas que une o proxecto do noso CEIP: O Comedor. Deste xeito, puideron descubrir os exemplares máis interesantes para o préstamo de libros deste novo trimestre.
|
||||||||||||||||||||||||
II Concurso da Biblioteca do Caselles |
Con motivo da semana da ilustración, dende a biblioteca do Caselles convocamos o segundo concurso deste ano escolar. Desta vez, retámosvos a escoller un libro da biblioteca e deseñar unha ilustración sobre el. Ampliamos o prazo ao día 11 de febreiro para presentar as vosas creacións, as cales serán posteriormente expostas no mercado de Tomiño.
Saca o teu lado mais creativo e… anímate a participar! O Día da Ilustración celébrase cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo día de nacemento de Castelao. Ademais de recordar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego. Neste 2022 é Reimundo Patiño (A Coruña 1936-1985).
|
||||||||||||||||||||||||
Gran inauguración da Biblioteca escolar o luns 25 de outubro |
Con motivo do Día das Bibliotecas Escolares, o domingo 24 de outubro, o vindeiro luns 25 terá lugar a inauguración da biblioteca escolar para o presente curso, 2021/2022. Por este motivo, todo o alumnado e profesorado do CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán está convivado á estrea da película "Uncas, a historia do planeta que vive no Caselles". Como entrada para este evento, empregarase o carné da biblioteca escolar.
|
||||||||||||||||||||||||
Relatos para Samáin |
Temos uns audios moi terroríficos, para escoitar a noite do 31 de outubro... ou cando queirades. Poñede atención!
|
||||||||||||||||||||||||
25N: Día pola Eliminación da Violencia contra a Muller |
Hoxe, 25 de novembro, conmemórase o Día pola Eliminación da Violencia contra a Muller. Na biblioteca podedes atopar libros sobre esta temática, que como sabedes están á vosa disposición, expostos xunto ao precioso mural feito polos vosos compañeiros e compañeiras.
Valiente: Cuando su alma se quebró, María Míguez
|
||||||||||||||||||||||||
O Caselles no camiño: cuarto: de Pontevedra a Caldas de Reis |
O alumnado de 4º encargouse de informarnos á comunidade das cousas que podemos atopar no camiño entre Pontevedra e Caldas. Non perdades detalle!
|
||||||||||||||||||||||||
Letras galegas - Festival |
Os nenos e nenas do Caselles actuaron e desfrutaron o venres 14 da compaña duns e outros no festival das letras, onde presenciamos bailes, cantos, recitais de poesía...Aquí quedan algunhas imaxes.
|
||||||||||||||||||||||||
Obradoiro de radio: primeiro grupo 5ºA |
Aquí vai a primeira entrega do obradoiro de radio. Corresponde ao primeiro grupo de 5º B. Disfrutade coa experiencia destes fantásticos xornalistas.
|
||||||||||||||||||||||||
Día dos museos |
Fai pouco máis dunha semana foi o día dos museos, e aínda que non fai moito poidéchedes desfrutar do noso museo virtual Ecoarte, achegamos este link (preme no azul) aportado polo Museo Massó para que accedades a este museo online e interactivo das rías galegas. Coñecíades todos os seres vivos que nos explican no mesmo?
|