O que máis boto de menos do cole é……
Con este títulopropoñemos a tarefa de hoxe, que consistirá en pensar que é o que máis botas de menos do cole.
Sabemos que cada un ou cada unha de vós, con este confinamento e coa familia, seguro que queredes saír, volver ao cole, ver aos compañeiros, …..
Entón, seguro que botades de menos ese momento que che gustaría revivir e no que gozas, xogas, aprendes,…, e que compartes cos teus compañeiros e compañeiras e mestres e mestras (no patio, na clase, na asemblea, no ximnasio, na pista de atletismo, .....
Xa o tes na túa cabeza ese momento que che gustaría revivir do cole?
Ben , pois agora colle un folio e debuxa ese momento; escribindo o título (na parte de arriba do folio) O QUE MÁIS BOTO DE MENOS DO COLE É…., en maiúsculas, e rotúlalo con moitas cores (ou repasa con ceras se non tes rotulador).
Logo, fai o debuxo , de maneira minuciosa, dese momento que pensaches (o debuxo tamaño grande , que ocupe a meirande parte do folio); coloréalo e, abaixo de todo, escribe unha oración que explica e reflicte ese momento que botas de menos do cole.
Por último, escanea o traballo ou fai unha foto e envíala ao noso correo.
Ademais disto, propoñemos a seguinte tarefa:
Colle unha base; pode ser un folio de cor, un hule o mantel, un coxín grande, unha táboa, …. e sobre esta base tedes que pór todas as letras do voso nome con elementos que teñades na vosa casa: macarróns, fichas de dominó, pedras pequenas, …. Todo o que se vos ocorra.
Unha vez feito isto, tedes que facer unha foto (e que ocupe en toda a imaxe, esta creación) e remitila ao noso correo(primeirocaselles@gmail.com).
Tamén agradeceriamos que nos envíen unha foto do neno ou nena (metade do corpo) xunto coas dúas anteriores, das creacións anteriores, ao correo electrónico.
Aquí tedes exemplos para formar as letras dos vosos nomes: