O venres 17 de Maio é un gran día para a nosa cultura, por iso traballamos co noso alumnado a figura ao que se lle adica este ano este día tan especial para nós, Luisa Villalta.
O xoves 16 de maio para celebrar o día das Letras Galegas contamos no cole cunha visita moi especial. Nuria Vil, poeta viguesa, creadora de relatos sonoros e palabras faladas. Unha alumna do centro acompañou ao violín unha poesía de Nuria Vil en homenaxe a poeta e violinista Luísa VIllalta, que delicia!.
Por mor do mal tempo tivemos que celebralo no centro, aínda que o que estaba previsto pero unha andaina das familias, alumnado e profesorado ata o Bosque da Lingua pertencente á Comunidade de Montes de Couso ao que agradecemos que a actuación que non se puido facer no Bosque se fixera finalmente no centro escolar.
Na semana seguinte, o 22 de maio, contamos coa presenza de Xabier Blanco, que leva máis de 30 anos percorrendo diferentes vilas e parroquias de Galicia gravando e catalogando todo tipo de documentación relacionada coa nosa cultura tradicional.
Conta con un amplo arquivo sonoro, partituras e fotografías recollido de mestres, músicos, maiores, etc. portadores da música de raíz transmitida de xeración en xeración a través da oralidade. Posúe unha colección de máis de 900 instrumentos tradicionais galegos.
No seu labor coma investigador Xabier Blanco reúne unha colección de máis de 2.000 pezas, entre as que destacan os máis de 800 instrumentos en perigo de ser esquecidos na tradición. Froito deste labor é o seu arquivo, con máis de 50.000 documentos nos que se atopan dende pezas e xéneros perdidos, bailes como a "Cana Verde", "O Tras-trás", "O Canizo" e técnicas referidas á artesanía dos instrumentos, coma un verniz ecolóxico feito a partir da codia dunha árbore, ata sistemas tapa poros por medio dos mariñados para a conservación da pel.
Moitas grazas Xabier porque gozamos moitísimo con todo o que alí compartimos, a música, a poesía musicada por ti de Luisa Villata " Non abonda a palabra recitada", as cancións, os instrumentos, o teu bo facer e sobre todo o espirítu do valor do noso e da súa conservación.