25 de novembro Día Internacional da Eliminación daViolencia contra a Muller

Un ano máis o alumnado e profesorado do CEP Xosé Neira Vilas manifestou a súa posición neste Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Nesta ocasión abrimos as portas na procura dun mundo no que o xénero non sexa unha condición limitante.

Fortes, valentes, intelixentes.

Felices, alegres, independentes.

Podemos ser calquera de nós.

Depende tan só de nós.