A reputación artística de Sta Cecilia foi, probablemente, o resultado dunha mala tradución da palabra “instrumento” no libro “As Actas de santa Cecilia”.
E así, Cecilia, comezou a representarse tocando un órgano e volveuse patroa da música.
A vida comeza cun latexo do corazón, e do mesmo xeito, a música nace cun pulso, seu corazón, que podemos escoitar no metrónomo.
Latido a latido, golpe a golpe: PERCUSIÓN!
O charrasco é un instrumento que aparece nas Rondallas moi relacionado co Entroido e co Nadal.
Agora a nosa afamada e cantareira pandeireta, que como di nunha canción:
Esta miña pandeireta
ten o coiro de castrón,
o ariño de salgueiro
e as ferreñas de latón
O uso das cunchas de vieira xa aparece nas coplas tradicionais:
Eu teño un canciño bonito abofé,
que baila a muiñeira na punta do pé,
na punta do pe dá pinchos pra atrás
e toca nas cunchas o chascarraschás
E non podían faltar as castañolas, como nesta canción de Noite Boa:
Vamos a Belén, amigos,
vamos, que a noite está crara,
Mingos leve as castañolas,
o seu pandeiro a Pascuala.
Semellante a como se constrúen as casas, a música precisa dun forte pilar sobre o que construir a melodía. A tuba co seu son grave é quen de cargar con esta responsabilidade nas súas costas ;)
A trompeta é a irmá máis pequena da familia do vento metal.
Toda a maxia comeza na boquilla
Na familia do vento madeira, con lengüeta dobre: a gaita
A Música é un idioma que precisa dun código escrito. Igual que comezamos a ler silabeando, tamén unindo “sílabas” e “palabras” musicais chegaremos a facer frases e cancións completas!
Por último, despois de ter escoitado á percusión e ao vento chegamos á familia da corda co piano e a guitarra
A guitarra, coas súas seis cordas é a que máis acompaña en case todos os tipos de músicas
Falando de guitarras, bandurrias e outros instrumentos parecidos… sabedes como se chama este??
Laúd!!