VISITAMOS AS INSTITUCIÓNS

O alumnado de 5º e 6º curso realizamos unha saída a Santiago de Compostela co fin de coñecer o Parlamento e a Xunta de Galicia. No Parlamento, a través dunha visita guiada, puidemos coñecer as diferentes estancias do máximo órgano representativo do pobo galego.

No edificio da Xunta, os guías explicáronnos a composición das diferentes consellerías e amosáronnos o seu funcionamento a través dun vídeo explicativo.

Para rematar a visita, achegámonos á Cidade da Cultura na que aproveitamos para visitar unha exposición dedicada ao escritor galego Alfonso Rodríguez Castelao.

Neste espazo puidemos gozar do xantar e dun rato de ocio.

 


 

DEMOSTRACIÓN IMPRESORAS 3D

O alumnado e profesorado de 2º, 3º, 4º 5º e 6º niveis do colexio, tivemos a oportunidade de coñecer de preto como funciona unha impresora 3D, unha tecnoloxía moderna cada vez máis en auxe e con multitude de aplicacións no presente e no futuro.

Grazas á desinteresada colaboración da poñente, Celeste, da empresa Sinfomac de Nigrán, puidemos comprobar in situ como é unha impresora destas características, o seu funcionamento e o avance que supón, non só no relacionado co sector informático, senón tamén, no campo da medicina, a industria, a moda, a gastronomía, etc.

Os nenos e nenas tiveron a oportunidade de gozar desta experiencia e ademais recibiron un pequeno agasallo produto da impresora. Que máis se pode pedir!!!

 


 

CHARLA SÍNDROME DE DOWN

Andrea e Anxo, dous profesionais da Asociación Sindrome de Down de Vigo, impartiron, ao alumnado de 5º e 6º nivel, unha charla sobre a importancia de coñecer as necesidades e demandas das persoas con esta discapacidade co fin de integralas nas nosas actividades cotiás.

 


 

A MALETA DE INCLUSIÓN

INCLÚE O DIFERENTE

Durante un días tivemos a oportunidade de gozar de lecturas que non coñeciamos grazas á maleta de inclusión cedida polo CFR de Vigo.

Gustounos tanto, que queremos deixarvos as nosas opinións sobre o que nos pareceu.

Fai clicpare acceder o documento

 Ler opinións

 


 

Feliz Nadal e concienciación ambientall!!!!

As nenas e nenos do obradoiro de cociña do noso centro prepararon unha árbore de Nadal moi doce, durante a actividade falouse da importancia e concienciación nestas datas de non cortar árbores para decorar os nosos fogares. As árbores teñen que decorar os nosos bosques. Feliz Nadal a Todos e Todas!!!!!!

 


"EL GRAN VIAJE DEL PLANCTON"

Hoxe o alumnado de terceiro de Primaria, recibirón unha visita moi especial, aos protagonistas do cómic "El gran viaje del plancton". Visitáronnos dúas investigadoras do CSIC, Luisa e Lara, ás que lle temos que agradecer o moito que nos explicaron sobre as especies que temos na nosa Ría, e tamen amosaron, a través das lupas, os bebés de polbo, calamar, gallo-rapante, rodaballo, linguado e o plancton.

GRAZASSSSSSSS!!!

 

Fai clic neste enlace se queres ver o cómic:

EL GRAN VIAJE DEL PLANCTON

 

AMFIV, UNHA LECCIÓN DE SUPERACIÓN

O equipo de baloncesto de Vigo en cadeira de rodas AMFIV, visitou o noso centro co gallo da celebración do Día Internacional da Discapacidade.

Ademais dunha pequena charla sobre a súa andaina como equipo de élite do baloncesto,  ofreceron aos nenos e nenas unha sesión practica no patio.

Agradecémoslles a súa presenza e desexamos que consigan moitas máis vitorias.


ASÍ É A NOSA NATUREZA: ESPONXAS VEXETAIS

O alumnado e profesorado de 5º e 6º curso tivemos a oportunidade de gozar dunha interesante charla sobre  esponxas vexetais.

Patricia,  axudada polo seu sobriño Iker, un alumno de 5º do noso colexio,  encargouse de darnos a coñecer esta planta, desde o seu cultivo e coidados, pasando pola recolleita ata chegar aos seus diferentes e múltiples usos. Ao remate da exposición, agasallou aos alí presentes cun folleto informativo sobre a planta e unha esponxa fabricada pola súa pequena empresa familiar.

Agradecémoslle a súa desinteresada colaboración e agardamos contar coa súa presenza en vindeiras ocasións.

 


 

Inicio de sesión