SOLICITUDE DE MÁSCARAS PARA O ALUMNADO
No portal educativo www.edu.xunta.gal está publicada a orde pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Primaria en centros públicos dependentes desta Consellería.
Segundo dita orde (a cal aparece no documento adxunto):
- NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE o alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021, xa que acceden automáticamente ao préstamos de máscaras.
- SI TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 pero que cumpra algunha das seguintes condicións:
- Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €
- Alumnado matriculado en educación especial.
- Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%
Os interesados presentarán, de FORMA PRESENCIAL, no centro educativo os Anexos I e II cubertos (ver arquivo adxuntos)
PRAZO: do 16 ao 27 de novembro de 2020.
HORARIO: De 10.40h a 13.00h. na secretería do Centro.
Aqueles que non lles sexa posible imprimir os Anexos, poderán recoller unha copia en conserxería.
IMPORTANTE: todo aquel alumnado que tivo concedido o vale de material ao inicio de curso, non ten que solicitalo porque xa lle corresponden por defecto.
En canto recibamos información sobre o procedemento de distribución, periocidade e número de máscaras por alumno/a serán debidamente informados.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Orde do 6 de Novembro de 2020. Distribución de máscaras entre o alumnado.pdf | 608.65 KB |
ANEXO I E II_ED330E_MÁSCARAS.pdf | 136.44 KB |