Non é un erro!, é un mar de creatividade no que temos que somerxernos os/as da Portela! E, ademais,podemos atopar algo moi importante, a maneira de afondar no coñecemento dasEMOCIÓNS!!
O CEP Marcos da Portela é un centro de 16 unidades que ten, a máis das aulas de cada titoría, un Salón de Actos, dúas aulas de Inglés, aulas de Relixión Católica e Relixión Evanxélica, unha de Informática, dezaoito aulas con ordenador, proxector e pantalla (das que oito son Encerados Dixitais Interactivos), un Ximnasio, un Pavillón, dous patios cubertos e dúas pistas polideportivas exteriores.
A BIBLIOTECA, adicada a Victor F. Freixanes, fóra do horario escolar, ten servizo de préstamo á Comunidade Educativa de luns a xoves en horario de tarde, de 16:00 a 18:00 h. Conta tamén con tres ordenadores conectados á rede para consulta e/ou elaboración de traballos escolares.
Contamos cun Departamento de Orientación, cunha aula de Pedagoxía Terapéutica e outra de Audición e Linguaxe.
Tamén ofrecemos os servizos de Transporte, Plan Madruga e Comedor Escolar.
ACTIVIDADES DEPORTIVAS 2024-2025
O pasado mércores tivemos o cros na Illa das Esculturas.
ACTIVIDADES E SAÍDAS 2023- 2024
CONTO DE SAMAÍN Un pracer contar con nais e pais que se ofrecen para vir ao cole a contarnos un conto, nesta ocasión...de medo!! Grazas.
MAGOSTO Á rica castaña!! O tempo non nos deixou disfrutar dos xogos populares pero nada impediu que coméramos as castañas asadas por Paco, o Castañeiro! Ricas, ricas.
CONCERTO DA BANDA DE SALCEDO Como nos gusta a música, sobre todo cando ben da man da banda de Salcedo. Fantásticos músicos e ata un director de orquesta improvisado!.
CONTACONTOS E ILUSTRACIÓN Que boa mañá pasamos con Muriel e iván Alfaro, viñeron a presentarnos os seus libros infantís e agasalláronnos cunha sesión de contos e cun taller de ilustración. Gozamos moito escoitándoos e ademais, aprendimos a debuxar a Alfonso, o lobiño protagonista.
Este ano e o pasado contamos cunha incrible oferta de actividades promovidas para fomentar o uso da biblioteca do noso centro. Baixo o lema"OS MARTES CONTAN CON ARTE", os martes o noso alumnado desfruta de contacontos, maxia ou teatro!
Preme na foto para ver as diferentes actividades!
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
Preme aquí para ler as diferentes recomendacións que vos propón dende a nosa biblioteca
PLAN PROXECTA+
Neste apartado podedes ver as actividades desenvolvidas ao longo do curso 22/23, dentro dos Plans Proxecta+.
Este ano, e dentro do noso proxecto de formación no centro (PFPP), o profesorado segue actualizándose e poñéndose ao día co seminario da radio e o grupo de traballo de robótica.
Tivemos sesións de relatores para as dúas temáticas reunións de traballo (ademais do reforzo que nos deu o noso profe Rafa).
Dentro da filosofía de apostar polo deporte e polo exercicio físico, durante este curso desde o Plan Proxecta ( Proxecto de Vida Activa e Deportiva) e do Proxecto EduSaúde (Xogade) levamos a cabo numerosas actividades.
Deixamos aquí unha reseña das mesmas.
Bo verán!
MATEMÁTICAS MANIPULATIVAS
O alumnado do Marcos aprende Matemáticas dun xeito manipulativo, dinámico e significativo!
CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS PARA PROFESORADO E FAMILIAS
O pasado martes, día 9 de maio, puidemos contar cunha formación de primeiros auxilios, dirixida ao profesorado e familias do noso centro, a cargo da Cruz Vermella.
Aprendimos moito, pero esperemos no ter que atoparnos en ningunha situación de perigo.
NAIS "ARTISTAS" DO NOSO PATIO
Nunca poderemos agradecerlles ás nais, que lle deron vida ao noso patio, o seu tempo e dedicación. Todas elas, sobre todo a a Ana, Raquel e Inés, traballaron a esgalla e regaláronnos, ademais do seu tempo, uns patios alegres e dinámicos onde o noso alumnado desfruta cada día. Mil grazas!!