De acordo coa Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa,pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.
. De acordo co disposto no artígo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira, corresponde elexir no presente proceso electoral a dous pais/nais,e dous suplentes dun total de cinco que debe ter o Consello Escolar. Os outros tres representates de pais continúan como consecuencia da súa elección.
Adxúntanse as instrucións e calendario sobre a renovación do Consello Escolar.