AXUDAS MATERIAL ESCOLAR | Curso 2024-2025 (Ed. Primaria)

Desde o martes 21/5/2024 ata o venres 21/06/2024 está aberto o prazo para solicitar axudas para Material Escolar para o alumnado de Ed. Primaria que no próximo curso 2024/2025

 

FORMA DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

  • Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica  [iniciar].

IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.

NECESITARÁ ter: A) conta de Chave365, ou B) ter instalado certificado dixital (guía) ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma

  • Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo [iniciar].
  • Presencial manual: cubra os Anexo I e II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.

 

DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA

  • Especificase no artigo 11 da Orde de convocatoria
  • NON será necesario xuntar coa solicitude os DNIs, NIEs, acreditacións de discapacidade expedidas pola Xunta, acreditacións de pensión por incapacidade, ou declaracións de IRPF, sempre que NON sinale oposición á comprobación telemática pola administración (para a declaración de IRPF requírese autorización expresa) [artigo 12 da Orde de convocatoria]
  • A administración poderá reclamar a presentación de documentación cando non sexa posible a verificación por vía telemática

 

MÁIS INFORMACIÓN