Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a xestión de contactos estreitos covid-19 no ámbito educativo - 04/03/2022

 

COMUNICACIÓN CONXUNTA DAS CONSELLERÍAS DE SANIDADE E EDUCACIÓN

SOBRE A XESTIÓN DE CONTACTOS ESTREITOS COVID-19 NO ÁMBITO

EDUCATIVO - 04/03/2022

 

O pasado 1 de marzo de 2022, tras a valoración da situación epidemiolóxica actual por

parte das diferentes comunidades autónomas, a Comisión de Salud Pública del Consejo

Interterritorial del Sistema Nacional de Salud chegou a un acordo a partir do cal se

elimina a recomendación de corentenar aos contactos estreitos a nivel comunitario.

Neste acordo establécese a necesidade de dirixir as actuacións a protexer á poboación

máis vulnerable, reducindo as medidas que se están a levar a cabo na poboación xeral.

Considéranse ámbitos vulnerables a efectos deste documento: centros sanitarios

asistenciais (hospitais e centros de diálise), centros sociosanitarios (residencias de

maiores, centros de día e discapacidade) e outros centros con persoas

institucionalizadas (centros penitenciarios). Tendo en conta que os centros educativos

non se enmarcan como ámbitos vulnerables, as actuacións a seguir neles serán as

mesmas que a poboación xeral en canto á identificación e manexo de contactos

estreitos: NON se realizará identificación dos contactos estreitos na poboación xeral e

serán os propios casos os que deben informar aos seus contactos estreitos do

diagnóstico de COVID para que extremen as medidas de prevención.

A definición de contacto estreito e o prazo para identificar contactos estreitos

mantense, polo que comeza 2 días antes da data de inicio de síntomas (ou da toma de

mostra nos casos asintomáticos) e remata no momento que comeza o illamento do

caso positivo.

En relación ao uso da plataforma EduCovid:

• Os casos confirmados seguirán rexistrándose en EduCovid

• Os contactos estreitos do ámbito educativo NON se identificarán, polo que

non se rexistrarán no EduCovid

Data implantación en Galicia: luns 7 de marzo de 2022 (tendo en conta os días

lectivos, a partir de maña 05/03/2022 xa NON será necesario identificar contactos

estreitos do ámbito educativo)

Actuación ante contactos estreitos identificados antes da implantación deste

acordo: suspenderanse as medidas de corentena/vixilancia indicadas previamente e

pasaran a aplicarse as medidas recollidas neste documento.

Recomendacións preventivas para contactos estreitos da COVID-19 a partir do

7/3/22:

https://www.sergas.gal/Saude-publica/Recomendacions-preventivascontactos-

estreitos