Estimadas familias:
Ante a novidade do recreo sen máscara, facémoslles chegar as seguintes suxestións:
- No recreo non é obrigatorio o uso da máscara, pero a nena ou neno que a queira seguir usando pódeo facer.
- É obrigatorio o uso da máscara no interior do centro e nos desprazamentos: saída aos baños, aula de música, pavillóns deportivos…
- É obrigatorio o seu uso no transporte escolar.
- Medidas que debemos ter en conta:
- Repasar con eles cando debemos quitar e poñer a máscara:
o Poden quitala ao saír ao recreo.
o Teñen que poñela ao entrar de novo ao centro, ao soar o timbre para entrar do recreo.
o Deben responsabilizarse do seu coidado, de non deixala tirada… Traer unha bolsiña pequena, un estoxo,… para gardala.
- Traer unha máscara de reposto.
No centro seguiremos aplicando o resto de medidas de prevención: grupos burbulla, ventilación, limpeza, uso de hidroxel.
Moitas grazas pola súa colaboración.
Un saúdo.
Alfredo Rodríguez Rodríguez