Skip to Content

Segundo ciclo

TEATRO : "MARUXA"

Queredes pasar un rato divertido? Pois  animádevos a ver a obra de teatro que prepararon os nenos e nenas de cuarto e terceiro curso. É unha adaptación do conto "Maruxa", de Eva Mejuto. Unha xenial adaptación que nos fixo rir e coa que desfrutamos un montón! Moi ben rapaces! Sodes uns artistiñas!

BAILANDO CON CUARTO

Os chicos e chicas de cuarto curso quixeron homenaxear o Día do Libro cuns bailes moi molóns que prepararon coa teacher. Agardamos que vos gusten! Aquí podedes miralos.

COIDANDO A HORTA: @SOMOS TERRA

Nova mañá adicada a horta no ceip da cruz. Esta vez Diana e Raquel nos ensinaron o que era "ralear" a horta, é dicir coidar o seu solo xa que non todas as herbas que nacen son malas. Fixeron moitos experimentos: tocaron a ortiga e a frotaron con menta salvaxe descubrindo así, que non picaba!! Revisamos as plantas aromáticas que están preciosas: a lavanda servirá para cosméticos e champú, a herba Luisa para infusións xa que calma a dor de barriga, e o tomillo e orego para condimentar a comida. Como último traballo fixemos un acolchado para evitar malas herbas e guardar humidade........Foron moitas, pero que moitísimas as cousas que nos ensinaron . Estámoslles moi agradecidos!!! E levamos as primeiras leitugas a casa! Unha xornada ben aproveitada!

OBRADOIRO DE EMOCIÓNS NA AULA DE 3º E 4º

 Hoxe a orientadora Eva e máis Adelaida, trouxeron á nosa clase un conto moi especial de Anna Llenas. Titúlase "La Joya Interior". É un conto que fala da autoestima e do autovalor e que nos proxectaron na pantalla da clase para que poidéramos apreciar a fermosura das súas ilustracións e da mensaxe que leva: todos temos unha xoia dentro, a nosa esencia, non hai que perdela nunca e acompañarse neste viaxe da vida dos amigos valiosos e da xente que sabe coidar esta nosa xoia. 

A continuación do conto fixemos unha dinámica de emocións que consistía en escribir cualidades positivas dos compañeiros no seu globo que levaría de recordo para casa. Foi unha actividade moi divertida na que saían calificativos moi fermosos adicados aos nosos compañeiros: un bonito recordo de como somos valorados . Unha fermosa maneira de saber que somos queridos. Unha boa pista para decatarnos do valiosos que somos.

DINÁMICAS DE GRUPO EN 3º E 4º

Son éstas, dinámicas de grupo na que se traballa a coordinación motriz, a autoestima,  o sentido de equipo e sobre todo o autovalor , todo mesturado de imaxinación, xogo, atención, concentración e cohesión grupal. Divertímonos ademáis un montón!

LENDO CONTOS: MALENA BALLENA

Os rapaces de cuarto de primaria len para nós este conto tan entrañable de Superación Persoal. Unha nena que sufre bullying na escola descubre o xeito de superar dificultades, medos e barreiras. A través da superación persoal logra estar por riba de todas as murmuracións dos compañeiros....Eu quero ser tamén como Malena. Superballena!

Distribuir contido


by Dr. Radut