Foi a mellor excursión do curso, a máis enriquecedora. Viaxamos en barco, tomamos o fresco dos frondosos bosques das Illas Cíes, catamos as súas cristalinas augas enmeigadas, loitamos contra as gaivotas ladroas de bocatas e merendas, e para finalizar bailamos mentres o barco se acercaba de novo a Baiona, nunha divertidísima "barco-teca"...Son desas excursión que chegan a alma e se almacenan nun trociño de corazón de neno para sempre......
Curso 2018 - 2019
![RSS - Curso 2018 - 2019 Distribuir contido](/centros/cepdacruz/misc/feed.png)