Skip to Content

O MAR NO CAMIÑO

Neste comezo de febreiro tivemos unha fantástica contacontos para os nenos e nenas de 1º e 2º. Contáronnos a historia de catro personaxes que viven no mar: unha ameixa, un cangrexo, unha seardiña e un polbo que deciden axudar a súa amiga , Miguelita que quere facer o camiño de Santiago.  Os nosos amigos faran un percorrido moi fermoso saindo das augas de Baiona, pasando pola Ría de Vigo, a de Pontevedra, a de ARousa e apañaranse moi ben para chegar ao río de padrón e dende alí, subir a Miguelita na solapa dun peregrino que chegado a Santiago, quere acabar o camiño no Cabo fisterra. Vivirán moitas aventuras: furtivos, ou malvados que botan lixo ao mar, contra os que loitarán e acabarán sendo vencedores! É o poder do mar! Logo do conto, todos tivemos un pasaporte para que nos selen nos distintos sitios polos que pasemos e así obter a credencial do Camiño de SAntiago. E qué divertido foi facer unha Migueliña........quedounos de marabilla!



page | by Dr. Radut