Skip to Content

MERCADILLO DE NADAL

Os maiores do colexio este ano traballaron un montón de competencias e estándares de aprendizaxe organizando un mercadiño de Nadal solidario. Todos os fondos serán destinados a Protectora de Nigrán Bai Sen Pulgas que traballa a destajo para que un montón de animais teñan unha vida digna. Estes nenos e nenas de sexto están moi concienciados en que os animais merecen todo o noso respeto e axuda posible. Que non son un agasallo para despois desbotar. Que os animais teñen moito que enseñarnos de nobleza e cariño. Grazas a todas as familias que nos axudaron a facer este soño realidade. Por certo recaudamos 460 euros!!! Todo un éxito para estes rapaces e estas persoas altruistas que axudan aos demais. Noraboa chicos e chicas!

 



page | by Dr. Radut