Na época de Nadal, Mariam, a nai de Oliver, fixo un obradoiro de electricidade para os nenos/as de 4º a 6º. Primeiramente deunos unha charla para ensinarnos que era iso da electricidade e como podiamos facer para elaborar un circuito eléctrico. Despois da charla, elaboramos na biblioteca unha postal de nadal e uns adornos para a árbore con luces led e unha pila a través dun circuito. Aquí tedes unhas fotos: