Skip to Content

EDUCACIÓN VIAL E CONTACONTOS EN NIGRÁN

  

 

Mañá de experiencias no CEIP da cruz.

Mentres os máis pequenos, Infantil , 1º e 2º acudían a biblioteca pública de Nigran a vivenciar o contacontos que a bibliotecaria Cristina tiña preparado para eles e saboreaban un trozo de lúa, os maiores estudaban a través das explicacións e presentacións que a guardia civil trouxo para eles da importancia dunha conducta cívica tanto ao volante como fóra del. No patio do colexio, a continuación montaron un circuito vial con todas as señais que os nosos futuros conductores haberán de respeitar. E xa máis tarde para todos, grandes e pequenos, tivemos a exhibición dos bombeiros Chema e Gabriel que amosaron cómo apagaban lume cunha impresionante mangueira, e  puxeron para todos nós a funcionar as luceciñas do camión para o noso deleite.

 

As aprendizaxes máis importantes da vida non vale con estudalas, hai que vivencialas e adicarllea tempo  porque unha persoa sensibilizada non comete imprudencias, porque vale máis unha vida que todas as explicacións xuntas....Grazas a Policía Local, a Teo, a aos bombeiros por facernos a mañá tan especial.

 



page | by Dr. Radut