Skip to Content

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

Chegou a conmemoración máis fermosa do curso: o Día do Libro. No colexio fixemos un acto que comezou coa dramatización do conto en inglés, "O Grúfalo" interpretado polos rapaces e rapazas de 6º.   Tivemos o noso presentador do acto, Shakespeare, que fixo un percorrido polas parroquias de Nigrán que estamos a estudar no proxecto, e nos foi presentando os traballos de todos os nenos que neste día aconsellaron un libro vía vídeo. Tamén nos presentaron as novas Mochilas Viaxeiras que visitarán os nosos fogares ata finais de curso. (Pinchade no enlace para ver o vídeo).

Neste día especial fixemos a actividade favorita dos nenos: apadriñar un lector máis pequeno e contarlle contos no recuncho do cole que desexemos. Estas parellas de lectores agasalláronnos cos momentos máis máxicos do curso.

E xa para rematar fixemos o Mercadiño de Libros no que a través de vales, cada neno entrega un libro e leva outro que desexe.....Unha actividade de animación á lectura promovida pola Biblioteca do cole e apoiada polas nosas marabillosas familias que sempre están dispostas a colaborar nas nosas propostas. Feliz día do libro!

 

 

 



page | by Dr. Radut