Skip to Content

SAÍDA AO MUSEO DO MAR E FUNDACIÓN SALES

Nesta calurosa mañán de finais de abril tivemos unha excursión moi didáctica. O alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria acudiu ao Museo do Mar de Vigo para sumerxirse nas historias de castrexos e romanos. A través da lenda de "Marcus e o misterio da auga salgada", os máis peques do cole experimentaron cómo vivían e vestían os mercaderes castrexos, como facían os aceites, e os trocos ademáis de vivenciar a actividade dos  arqueólogos que a súa labor é moi importante para coñecer a nosa historia. Encantounos o acuario onde poidemos observar a unha tiburona e ducias de especies de peixes máis.....

Logo de merendar no museo do mar acudimos a Fundación Sales para desfrutar baixo un sol radiante dunhas preciosas paisaxes no medio do xardín botánico . Valoramos as árbores  curiosas, as plantas, e tamén os pequenos animais que nos atopamos polo camiño, como as rás e un  gatiño. Plantamos a nosa leituga con material biodegradable que decoramos ao noso gusto. Foi, en definitiva, unha mañá na que aprendemos moito. Desas aprendizaxes que se pousan no corazón porque son vivenciadas con moito agarimo.



page | by Dr. Radut