Skip to Content

PREGUNTOIRO 22-23. COMEZAMOS A AVENTURA!

Comezou a andar o  concurso máis molón do colexio Ceip da Cruz!  Comezou o Preguntoiro ! A  mascota da biblioteca, Camosiña, visitou moitas cidades do mundo e tróuxonos de agasallo un montón de preguntas interesantes para que aprendamos un montón sobre a arte. É que resulta que o tema deste ano é : CruzArte na Historia.  Todas as preguntas van relacionadas coa arte, da que aprenderemos un montón.

Gracias ás chicas do Equipo Preguntoiro por axudarnos nesta misión tan difícil. Consiste en recoller todas as respostas do alumnado e poñelas no taboleiro , tamén en axudar aos nenos cando precisan algo relacionado coa Biblio. Moitas grazas, sodes xeniais!



page | by Dr. Radut