Este Entroido foi xenial no ceip da Cruz! Poidemos asistir a un curro en directo. Porque os máis pequeniños de Infantil eran os garranos que galopaban libres polos montes de Camos, e o alumnado de 3º e 4º eran os gandeiros que asistían a estes cabalos cortándolle as crines ou vacinándoos, ou marcándoos para saber da súa propiedade.
O punto de cor puxérono os de 1º e 2º que ían representando ao Mar que temos en Nigrán: as centolas e as medusas. E por último, non menos importante, os de 5º e 6º ían representando os bosques de Camos disfrazados como bufos, lobos ou carballos.
Todos os disfraces estaban na liña de traballar o Proxecto de Centro que é "Coñezamos Val Miñor". Este ano, Nigrán. E vén sendo unha de moitas iniciativas para coñecer o noso mundo de redor. Todos os alumnos inventaron letra relacionada co proxecto para as cantigas que soaban mentres desfilaban. Sen dúbida, teñen moita imaxinación estes nenos e nenas de Camos! Grazas as familias pola súa participación no entroido. Trouxeron todo tipo de comidas relacionadas coa época. Estaban boísimas!!!!
Esta última semana do mes de febreiro o alumnado de 3º,4º, 5º e 6º fixemos unha excursión de mañá e tarde xenial! Fomos ata a Guarda a disfrutar dun percorrido marabilloso por múltiples entidades relacionadas co mar, dentro do proxecto "O sabor da aventura está no mar".
Primeiro visitaron a lonxa, ás famosas Redeiras da Guarda que lles explicaron moitos segredos de seu. Tamén visitaron a praza de abastos onde poideron ver vender o pescado traído directamente dos seus mares. Para comer foron ao centro Érguete. Máis tarde os maiores commos en Camposancos onde se colle o Ferry para Caminha. A excursión continuou visitando os asteleiros, onde repoñen e fabrican barcos.....
Por último visitaron a Citania do Trega, viron o museo e alí fóra poideron merendar a disfrutar do marabilloso día de sol que facía. Para cando chegamos a Camos, xa eran as sete da tarde. Viñamos cheos de enerxía e de vida , coas pilas cargadas das experiencias que nos brinda este colexio noso, que sabe, que nos enncantan as excursións!!!
Hoxe fixemos unha excursión ao CPI de Panxón para asistir a un concerto moi especial: o de Uxía Senlle.
Uxía fíxonos pasar uns momentos moi tenros , porque as súas cancións son coma bicos musicais, que a uns nos adormecen e a outros fainos saltar de alegría. Uxía cantou a Rosalía. A esa Rosalía que foi nena coma nós, rebuldeira, valente, rebelde que amaba a lingua galega e a súa xente e cultura.
Grazas as letras das cancións de Uxía coñecemos un pouco máis a Rosalía, pioneira escritora e poetisa galega que destacou pola súa obra máxica.....que chega ata nós, hoxe, a través de nanas e valses que nos fan querela un pouco máis. Grazas Uxía!!!
Hoxe tivemos saída a Vigo todo o alumnado do colexio. Os pequenos de Infantil, 1º,e 2º fomos ver a obra de teatro "Burbullas de Papel" ao teatro Caixanova, mentres que os maiores foron vivenciar unha exposición na mesma sede.
Foi unha mañá moi especial xa que nos encantan as excursión, porque poñen a proba todo o que aprendemos dentro do colexio . Sacamos afóra a nosa boa educación, o saber estar, as boas maneiras e sobre todo os hábitos de convivencia, ademáis de sumerxirnos culturalmente nun mundo que nos enriquece!
Encántanos cociñar! Esta vez tocou facer hoxaldres de mazá. Foi un obradoiro moi divertido , doado de facer e moi moi gustoso así como san. Picamos as mazás moi miudiñas e logo puxemos os anacos nun molde de hoxaldre que decoramos cun garfo, con todo luxo de detalles. Pintamos con ovo caseiro, que foi algo que nos encantou a todos e listo! Ao forno! Levamos para casa cada un de nós dúas empanadillas de mazá ríquísima....Nosos pais non daban crédito as nosas dotes de cociñeiros!!!
Encántanos o chocolate!!. Só hai que ver as nosas caras cando a profe Lucía e Vanesa nos propuxeron facer bombóns de chocolate con forma de corazón, xa que os fixemos no Día de San Valentín....ESte obradoiro de chocolate fíxonos moi felices e todos poidemos chuparnos os dedos ao acabar xa que , en serio volo advertimos, traballar con chocolate é un placer. Tivemos que esperar ao día seguinte para comer os nosos bombóns pero xa vos adiantamos que estaban... boísimos!!!
Esta semana foi unha semana de tintes culinarios. Comezamos facendo tarta de mazá e hoxe tocou esprimir zume de laranxa para a nosa merenda.
Nas aulas de Educación Infantil gústanos disfrutar da alimentación sán e saudable, por iso decidimos traballar coas mans duramente para conseguir exprimir laranxas de zume que o cole mercou para a ocasión. Esta actividade vai incluida no Plan Proxecta do cole, e os nenos de Infantil están encantados con esta semana culinariamente tan enriquecida! Encántanos coidarnos e a froita! Vivan as vitaminas!