O 2 de abril celebramos no cole o Dia Mundial pola concienciación sobre o Autismo. No colexio celebrámolo cunha sesión de sensibilización onde lembramos que todos somos diferentes pero iguais ao mesmo tempo. Todos temos cousas que se nos dan mellor e outras que peor, e isto plasmouno cada neno nun debuxo. Debuxáronse a eles mesmos facendo algo que se lles dera ben, e todos os debuxos os xuntamos nun panel que rezaba "Sumando Capacidades".
Porque diso se trata, de sumar capacidades. De que entre todos saibamos convivir nun entorno diverso, no que todos temos cousas que aportar e que aprender tamén.
Diana amosounos qué significan os pictos que hai no colexio. Amosounos para qué serve a axenda diaria con pictogramas e por qué os pictogramas son unha linguaxe universal que nos aporta moito a todos para organizar o entorno.
Como dixeron os nosos nenos e nenas, con agarimo pódese facer entender calquera cousa. Nós poñemos todo o noso corazón no que facemos e agardamos que isto axude a crear un mundo máis xusto, diverso, heteroxéneo, emarabilloso!
Esta derradeira semana de Marzo celebramos no colexio a Semana da Poesía. O colexio encheuse de carteis de poemas dos poetas da nosa terra. Eran poemas do certame en honor a Victoriano Taibo, mestre de Nigrán reprimido na época da guerra civil, que o IEM tratou de dar visibilidade e memoria a traés deste certame.
Tamén fixemos un recital no que cada neno tiñamos un anaco dun poema e entre todos tiñamos que recompoñer o mesmo e investigar por clases acerca do autor de dito poema. Foi un acto moi fermoso en que a poesía chegou ata o último rincón do noso colexio......
Nesta derradeira semana do mes de marzo o alumnado de 5º e 6º fixo unha excursión ata a sede de Aqualia. Alí lles explicaron cómo era tratada a auga, dende que se recollía en Zamáns ata que chega a todas as casas de Nigrán. Todos os procesos de tratamento da auga foron explicados a traves de múltiples xogos que xa colgamos na web. Coñecer o noso entorno máis cercano, un pouco de ecoloxía e tecnoloxía son as bases para ser persoas máis sabias e críticas co entorno que nos rodea. Porque queremos un mundo mellor. Porque nós podemos cambialo. Porque nos encanta aprender, e por suposto, disfrutamos de excursións como esta.!!
Dentro do Plan Proxecta do Colexio , estamos traballando a alimentación. Por iso tivemos a visita de dous especialistas que colaboran no proxecto "O sabor da aventura está no mar", que nos explicaron o importante que é que comamos peixe. Tamén nos falaron de cómo se pescan os peixes, da labor das lonxas , etc. A que non sabiades que o rodaballo da axilidade, a sardiña , forza, a troita, me llora a visión, o xurelo que ten moito B· nos da bo humor, o mexillón intelixencia, a pescada enrexía e o Lirio tranquilidade?
Todo isto, ademáis de xogar a unha oca de preguntas moi divertida , foi o que aprendemos destes dous especialistas: o investigador e a cociñeira! Grazas pola vosa visita! Aprendemos un montón! Prometemos comer máis peixe!!
Hoxe celebramos o Dia do Medio Ambiente no colexio.
Na evolución do ser humano, grazas a tecnoloxía e ciencia , as persoas teñen o poder de transformar canto as rodea. A celebración deste día nos da a oportunidade de ampliar a formación do alumnado, para que teñan unha conducta adecuada para a conservación e mellora do medio. O cambio climático é un problema que nos afecta a todos por igual. Concienciándonos dende novos podemos facer pequenas cousas que axuden a frealo. pechar as billas da auga, conducir menos en coche, usar máis as bicis e transportes comúns, usar menos o aire acondicionado, practicar a reciclaxe e reutilizar, etc.....
Nós, dende o colexio quixemos facer unha actividade no monte que consistía en plantar sementes que previamente no outono recolleramos e preparamos para que agora, na primavera, poideramos plantar, nunha zona cercana ao noso colexio. Foi unha actividade moi bonita e simbólica que representa o noso interese por coidar o Medio máis cercano.
Os bolechas visitaron o ceip da cruz nestes finais do mes de marzo. A través de Millo, o amigo dos Bolechas, os nenos e nenas de infantil aprenderon o que é a RAEE: Reciclaxe de aparellos Eléctricos e Electrónicos.
O que acontece é que nos preocupa o noso planeta no que aprendemos que se poden reciclar os aparellos electricos a través do chamado Punto Limpo, ou mesmo devolvéndoo ás tendas. Para isto, Carlos, un dos favoritos dos Bolechas veu de pé feito para facernos rir e demostrarnos que se poden facer moitas cousas para ter un planeta limpo.
No noso colexio xa son varias as iniciativas nas que traballamos a reciclaxe: dende o Pilabot, en que chegamos aos 1000 kg de pilas ata esta sesión con Millo que foi moi amena e incluso rapeamos cantigas relacionadas coa reciclaxe. Grazas Millo por ensinarnos a través do xogo, cánto podemos facer para mellorar o noso mundo!!!
Nesta soleada mañá de principios de marzo os nenos e nenas de infantil tiveron unha sesión de Lecturas ao sol. AS mestras sacaron varios caixóns de contos ao exterior do colexio e o alumnado desfrutou de verdade da lectura ao aire libre e en conxunto. Non hai máis que ver ás súas caras de alegría! Encántanos ler! E si é ao sol......moito mellor!
O día Internacional da Muller conmemora a loita pola muller da súa participación na sociedade en igualdade de condicións que o home. foi declarado pola ONU en 1975. Cada ano se fan milleiros de manifestacións que piden a consideración da muller en igualdade ao home. Desgrazadamente no mundo todavía hai moita desigualdade. Nós sabemos que as mulleres non son menos nin máis, simplemente iguais, coas mesmas aptitudes que teñen eles e que polo tanto debemos respectar a súa persoa e valoralos por igual.
No colexio o alumnado de 5º contou o conto "Cando as nenas voan alto" amenizado cun power point das súas fermosas imaxes. Tamén tivemos unha exposición de mulleres importantes que nos leron os rapaces e rapazas de 6º curso.
Dende a biblio nos puxeron un vídeo de mulleres de Nigrán, xa que no noso proxecto anual traballamos esta temática. Logo entre todos, fixemos unha actividade conxunta para facer un libro entre todos "A miña nai / avoa/ irmá/ amiga é especial porque...."