Skip to Content

FALAMOS FAMILIAS

MATRÍCULA 24-25. PORTAS ABERTAS

Se queredes coñecer como é o noso colexio de cara a realizar as solicitudes de admisión do 1 ao 20 de marzo de 2024, podedes facelo nas datas e horas indicadas

- Martes 6 febreiro ás 16.00h

- Martes 20 febreiro ás 16.00h

- Martes 27 febreiro ás 12.30h e ás 16.00h

 

CREACIÓNS CON LEGO

Estas son as creacións que eleboraron os nenos e nenas o curso pasado e este coas pezas de Lego. Son uns grandes artistas!!!

 

LEGO INFANTIL: https://youtu.be/FBLj8X8Xi-4

 

LEGO PRIMARIA: https://youtu.be/_Q7JR3QRyaw

 

 

 

BRIGADA FORESTAL NO CEIP DA CRUZ

Esta mañá os nenos e nenas de 5º e 6º  tiveron unh visita moi especial, nada máis e nada menos que da Brigada Forestal de Nigrán. Deron unha interesante charla sobre o Viveiro que tanto coidamos no cole, ensinaron acerca da importancia das plantas, da diferencia esntre os seres autotrofos e heterótrofos. Todos tiveron a oportunidade de plantar sementes e máis tarde procederon ao interesante modo de inoculación de fungos. Nun toro de tronco de eucalipto fixeron buratos onde meteron fungos con serrín tapándoo cun corcho.   A partires dese momento haberá que mantelo en boas condicións de humedade nun clima primaveral para que medren........A brigada forestal de Nigrán amosoulles aos nenos as súas ferramentas e como traballan no seu día a día estes profesionais.

Moitas grazas por vir! Encantounos aprender de vós!

CARREIRA EN BAIONA. PROGRAMA XOGADE.

Despois de moitos aplazamentos polo mal tempo por fin puidemos disfrutar dunha mañá estupenda para celebrar esta famosísima carreira na praia da Ladeira en Baiona. Participaron estudantes de todos os colexios do Val Miñor, foi unha proposta xenial capitaneada polo profe Arturo. Capitaneados por él os nosos queridos nenos e nenas fixeron deporte e demostraron as súas habilidades en atletismo.....e tamén trouxemos algúns diplomas moi merecidos!

O máis importante foron as vivencias, o entusiasmo, o afán de compañerismo, apoio, axuda e tantos valores que aprendemos cos deportes que o profe Arturo nos ensina........Grazas , profe!

MENÚ BASAL E VEXETARIANO XANEIRO 2024

FESTIVAL DE NADAL 2023

Chegou o final de trimestre e con él o Festival de Nadal no que quixemos dar especial protagonismo ás nosas queridas familias.  Houbo de todo neste día, Sorteo de agasallos, entre eles o máis especial, o bebé boneco donado pola mestra Susana, tamén houbo actuación dos nosos artistiñas e tamén un vídeo especial protagonizado polos nosos nenos e nenas feito con moito agarimo pola profe Iria, houbo chocolatada, houbo merendola, Badaladas, discursos........ Tamén habería fallos, porque claro, somos humanos, pero de non facer nada esos fallos tampouco estarían.....e preferimos ter fallos e seguir apostando polo noso alumnado ao que queremos e mimamos como ninguén é quen de mimar........E seguir adiante a pesares de malos momentos, seguir loitando e confiando na xente boa que sempre nos guía hacia o solpor.  Tamén despedimos á nosa querida mestra M José, sen a cal o colexio xa non será o mesmo, e que deixará un gran vacío nas nosas aulas......Grazas por tanto que nos ensinaches, M José!

Por haber, houbo ata sorrisos, alegría, e moito bo humor  que é o resultado de creer en vós. Moitas grazas polo voso apoio, sen o cal non faríamos nada........nin siquera, equivocarnos.!

UN ELFO NA AULA DE 1º

Na aula de primeiro e terceiro pasan cousas especiais.....esta vez é culpa dun elfo, si , deses que fan trastadas antes de contarlle a Papá Noel o ben que se portan estes nenos e nenas......

Esta tradición fixémola nosa para avivar a imaxinación dos máis pekes e así cada un deles puido debuxar ao seu elfo persoal.....ese que durante o nadal os vixiará pero tamén fará trasnadas! Gústanvos os nosos elfos da clase de primeiro? Aquí están.....

 

3 DE DECEMBRO: XUNTANZA CON CEE JUAN MARÍA

Co gallo do  3 de decembro, moitos colexios do Val Miñor fixeron unha xuntanza co CEE JUan María. Alí vímonos todos e saludamos aos compañeiros doutros colexios, ademáis de escoitar o fermoso conto "Todos menos uno", co que aprendemos que todos somos diferentes , especiais e igual de válidos. Encantounos este tempo de convivencia que ademáis foi enriquecida cunha chocolatada e con palabras especiais dos nosos representantes........

MENÚ BASAL DECEMBRO 23 E VEXETARIANO

Distribuir contido


by Dr. Radut