Skip to Content

8M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Como sabedes, o 8 de Marzo celébrase o Día Internacional da Muller. Dende o cole fixemos moitas actividades de investigación relacionadas coa pegada da muller no mundo do cine. Atopamos moitas mulleres galegas neste mundo e fixemos investigacións sobre elas que vos amosaremos moi pronto. Paralelamente o alumnado de 1º e 2º preparou un vídeo ilustrativo no que fala do papel da muller neste ámbito. Invitámosvos a todos a que visionedes este vídeo que fixeron con moito agarimo. Bravo rapaces e rapazas. Sodes xeniais!

 

MENÚ MARZO

HORTO ESCOLAR DE PRIMAVERA

Pronto chega a primavera. Temos que preparar o noso horto para a chegada desta especial estación. Diana veu ao cole con múltiples actividades para irlle facendo camiño ao noso hortiño escolar. Cos maiores, os de 6º prepararon APICHI. Sabedes que é? Pois unha mestura de allo , pementa, chile e alcohol para preservalo. Axuda a afastar os insectos das nosas hortas, como o caracol , a babosa ou o pulgón. Tamén preparamos sementes de xirasois, para logo transplantar ao noso horto . Outras clases prepararon plantas aromáticas, ou tamén as estructuras, outros amorodos......Hai moito que facer nun horto escolar tan especial coma o noso. A que si?

CONTOS E CARTAS ENTRE PRIMARIA E INFANTIL

Hai un libro no cole, que nos encanta a todos. Sabedes cal é? "Palabras con corazón". Resulta que as palabras son moi poderosas, e temos que coidalas moi ben. Cando estamos enfadados temos que ter coidado co que decimos e cando estamos felices as palabras son marabillosas. Esto sábeno moi ben os chicos e chicas de segundo curso, que acudiron ás aulas de infantil para contarlles esta bonita historia sobre as palabras.

Pero oe nenos e nenas de infantil, non se quedaron atrás, pois para agradecerrle o seu detalle, prepararon con moito agarimo unhas cartas con forma de corazón personalizadas para cada neno .....e profe! Que non se diga que non hai moito que compartir entre as etapas! Sodes fabulosos, meniños!

CONTOS INTER-CLASES

Aos nenos e nenas de cuarto curso encántalles contarlle contos aos máis pequenos. E isto é marabilloso porque.....a quen non lle gusta que lle conten unha bonita historia ensaiada con mimo e agarimo? Pois estas e outras cousas máis son as que se cociñan nas clases dos maiores.....Algúen máis voluntario para escoitar historias?

ENTROIDO 2024

Qué alegría, que algarabía, que chegou por fin o Entroido.....pero , iso si, pasado por auga. Por iso tivémolo que celebrar  desta vez sen a presenza das familias. Foi unha festa moi sinxela porque a festa grande será o próximo venres 16 de febreiro.

Nesta festiña vestímonos como quixemos, usando múltiples efectos máxicos e posando a mar de guapos e alegres....xulgade vós mesmos o elegantes que estaba o noso alumnado.....Faltábanos a familia, pero non vos preocupedes, elas estarán na Festa maior do próximo venres......Agardámosvos!

DÍA DA PAZ 2024

Este 31 de Xaneiro celebramos o Día da Paz. Como moitos anos facemos, acudimos a unha carreira de varios coles do Val Miñor que se celebrou no CPI de Panxón. Foi unha  mañá de convivencia e de emocións xa que todos o noso alumnado puxo a carne sobre o asador. O diñeiro recaudado irá para as familias máis desfavorecidas da zona. Grazas chicos e chicas por poñer todo o mellor de vós.

 

PRIMEIROS PASOS NAS BSO DE PELÍCULAS

ORDES DA MECA CAMOSIÑA

MENÚ BASAL E VEXETERIANO FEBREIRO

Distribuir contido


by Dr. Radut