Skip to Content

MENÚ OUTUBRO SEN OVO 2021

MENÚ OUTUBRO 2021

COMEZO DO CURSO 2021-2022

Estimadas Familias:

Informámovos que nos vemos de novo co inicio do curso o vinderio XOVES 9 de SETEMBRO. O luns teremos unha reunión informativa na que acalarar calquera dúbida.

 
Xa non queda nada...!

INICIO DO CURSO 2021-22

Estimadas familias, comunicámoslles que o inicio do vindeiro curso escolar comezará o 9 de setembro de 2021 e rematará o 22 de xuño de 2022, ambos inclusive.

Faremos chegar o calendario escolar correspondente, para maior amplitude de información.

MATERIAL FAMILIAS 2021-2022

EXCURSIÓN FIN DE CURSO: INFANTIL E PRIMEIRO

Que ben o pasamos na excursión a Corazón de Carballo. Foi unha experiencia inolvidable para tomar contacto coa natureza e os animais que máis nos gustan. Alí coñecemos monitoras con nomes de árbores, e tamén á galiña Chocoleta, e ao galo pirata, á cabra Come, ao Poni , e unha chea de animais que fixo as delicias dos máis pequenos do cole. Así da gusto despedirse deste ano tan raro e duro, pero no que o alumnado demostrou que estaba sobradamente preparado. Merecedes moitas máis excursións así!!! Felices Vacacións!

PATIOS DINÁMICOS NO CEIP DA CRUZ

Os recreos no Ceip da Cruz son moi especiais. Temos un entorno privilexiado e uns mestres empeñados en que disfrutemos o noso tempo de lecer. Temos castelos, areeiros, columpios, colchonetas, piscinas de rodas,.....todo o necesario e máis para que os máis pequenos disfruten como merecen dos descanos das clases. E en días coma hoxe, pois montamos tendas de campaña, coa axuda de Teresa, e todos encantados disfrutando de mil casiñas e cobixos nos que refuxiarse do sol. Gústavos o voso cole? Aquí tedes unhas fotos para decidirvos....A que é xenial?

RECOMENDACIÓNS LECTORAS 4º

ENTREGA DE PREMIOS. CONCELLO DE NIGRÁN E POLICÍA.

Hoxe tivemos no cole á  Policía de Nigrán e a representantes do concello.Viñeron a entregar a Carlota o seu premio conseguido no certame  " Calles para la Vida" pertencente á 6 semana Mundial das Nacións Unidas para a Seguridade Vial.  Participaron moitos colexios do Val Miñor , e Carlota conseguiu ser unha das seleccionadas. Noraboa campeona! Vales un montón!

 

PREMIOS PREGUNTOIRO 2021

Chegou un dos días máis esperados do curso. Despois de dez semanas de preguntas relacionadas coa tecnolxía e a matemática do concurso máis divertido do colexio, chegaron os ansiados  agasallos. Houbo 46 premiados, xa que había tres modalidades : Primeiro , Segundo e Terceiro premio. As chicas do Equipo do Preguntoiro foron as encargadas de dar os agasallos que ao final de moito pensar foron gominolas boísimas e cunha vistosa presentación. Claro que o concurso do Preguntoiro segue ata fin de curso......pero que sorte. Preparádevos que o luns comenza de novo con máis variadas e difídicles preguntas. Moita Sorte!

Distribuir contido


by Dr. Radut