Skip to Content

Curso 2015 - 2016

Taller de froitas

A nai de Pablo de 2º E.P. fixo para o alumnado de 1º, 2º e 3º un interesante taller de brochetas de froitas ademais de explicar aspectos moi interesantes sobre o consumo de froitas frescas. Ela en colaboración con Frutas Nieves proporciónannos as deliciosas froitas que o alumnado consume nas semanas das froitas correspondentes ó Plan Proxecta. Moitas grazas Olga!!!

FRUITS

O alumnado de primaria elaborou xunto coa teacher Esperanza estes fermosos carteis coas froitas e hortalizas de cada tempada en inglés.

3º Experimento

Plantamos limóns

O alumnado de 4º plantou sementes de limóns.

Guacamole

Os nenos/as de 5º e 6º fixeron guacamole e coas pepitas deixaron xerminalas para plantar aguacates.

O HORTO ESCOLAR

 
   

Froiteiros

Os nenos/as de 5 anos aprenderon a diferenciar as froitas e hortalizas. Elaboraron uns froiteiros chulísimos que esperamos que vos gusten!!!

Batido de plátano e pera

O alumnado de 5º e 6º elaborou un batido de plátano e pera que degustou todo o alumnado quedoulles estupendo!!

Marmelada de mazá

O alumnado de 5º e 6º elaborou unhas deliciosas marmeladas de mazá e plátano que todo o cole puido degustar.

Ingredientes:

- Mazá/plátano.

- Azucre

Elaboración:

Primeiro pélase e trocéase a froita sen pepita. A continuación pésase un kilo de froita e se engade medio kg de azucre. Déixase macerar unha noite e logo se coce 40 minutos ata que quede ben desfeita a froita. Si se quere pódese pasar polo batedor para que quede sen tropezóns.

 

Entroido 2016

Entroido 2016

Distribuir contido


by Dr. Radut