Skip to Content

XORNADAS DE ORIENTACIÓN

O xoves 4 de abril o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realizaron unha actividade de Oreintación no patio do Centro. sorprendulles moito este deporte que cada vez está máis en auxe. 

Agradecerlle ao Concello a colaboración nesta actividade xa que nos enviaron a dous técnicos moi bos nesta especialidade. De seguro que repetiremos.

 

 

XORNADAS DE ATLETISMO E LANZAMENTO

Durante o mes de marzo o alumnado de 4º de Educación Primaria gozou dunhas  Xornadas de aprendizaxe de atletismo. Aprenderon e practicaron tres disciplinas como a velocidade, salto de lonxitude e lanzamento de peso. As xornadas foron impartidas por adestradores do Clube de ATletismo de Gondomar.

 

ACTIVIDADE NA HORTA ABRIL

 De novo tivemos a visita de Diana ao  cole.....Hoxe aprendemos as propiedades da Herba Luisa, valeriana, a lavanda o perixel e entre outras que xa plantamos, tamén incluídas as lufas.

Encántanos todo o que sabe Diana sobre as cousas do horto, ...Que os cultivos deben ser rotatorios, que hai plantacións que deixan nutrientes para os que veñen despois....e moitas cousas máis. Grazas Diana por compartir a túa sabeduría!

Saída ao teatro e ao Instituto Audiovisual de Vigo

Os nenos e nenas de Infantil 1º e 2º pasáronno en grande nesta saída relacionada co proxecto do cole. Foi unha experiencia moi completa coa visita ao Instituto Audiovisual de Vigo, onde nos ensinaron o seu plató e equipo de televisión, a radio, o estudo de gravación, o teatro... e nos convidaron a merendar alí!! Todxs nos quedamos con ollos abertos con todo o que descubrimos.

Despois completamos a saída coa asistencia ao Teatro Sala Ártika en Vigo, desfrutando dunha obra que nos ensinou o valor da nosa lingua galega para non perder as súas fermosas palabras. 

Unha xornada marabillosa na que desfrutamos todos xuntos

 

2 DE ABRIL: DÍA DO AUTISMO

O 2 de abril celebramos o Día sobre a Concienciación do Autismo. No noso colexio estamos a traballar o Proxecto sobre o cine. Por iso non queremos perder a oportunidade de compartir unha chea de películas e series que nos chegaron da man de distintas entidades que  traballan a prol do Autismo.

Invitámosvos a botarlle unha ollada a estas que vos presentamos a continuación. Luces....Cámara....Acción!!!!

 

PREMIOS PREGUNTOIRO 2024

As nosas chicas do Equipo Preguntoiro organizaron a entrega de Premios Camosiña 2024 aos gañadores do concurso máis molón do ano. A participación , valorada nun 90% foi máxima. O esforzo dos nenos e nenas foi moi bo. Houbo mencións especiais e moitos doces agasallos para estes concursantes tan aplicados. Durante nove semanas fixéronse preguntas semanais nas que o alumnado debía respostar e que logo este Equipo de Nenas correxiu nos recreos dos xoves. MOito traballo de fondo para o obxectivo máis simple: a aprendizaxe dos concursantes acerca dos temas do Cinema na historia, que é a temática do Proxecto do cole.

21 MARZO: DÍA DA POESÍA

Co gallo do Dia da Poesía , 21 de Marzo, dende o Equipo de Biblioteca organizouse unha marabillosa actividade: Búsqueda de Poesía e ovos de chocolate por todo o exterior do centro.

Organizouse de modo que cada maior levaba un máis pequeno de paseo polo exterior do cole a buscar a poesía que previamente os nenos e nenas de terceiro tiñan escondido. ESes poemas logo encherán os distintos espazos do centro de modo que estemos rodeados de poesía!

Nin que dicir que esta actividade fixo as delicias de todo o alumnado , que se quedou con moi bo sabor de boca......sabor a chocolate!!!

 

COSTURA, BÚSQUEDA DO TESOURO, MAQUETAS.....NO COLE

No ceip da Cruz traballamos duramente todas as competencias dos nenos e nenas. Os mestres esfórzanse ao máximo para sacar dos nenos moitas habilidades propias, como acontece no caso da actividade de costura.

Tamén aprendemos naturais, cunha búsqueda do tesouro, na que o tesouro son os diferentes ósos que constitúen o noso esqueleto propio.  Ademáis encántanos facer maquetas de distintos edificios......quen sabe se destes aprendices hoxe, nacerán próximos inxeneiros e inxenieiras, modistos e modistas, médicos e médicas....... Bravo rapaces e rapazas!

BASQUET SEN BARREIRAS

Dende o noso cole apoiamos unha iniciativa relacionada co apoio ás persoas con leucemia no mundo do basket. As nosas queridas familias quixeron colaborar cun donativo que irá a esta causa liderada pola profe Nuria de Baloncesto.  Unha vez máis, grazas , familias!

UNHA OCEANÓGRAFA NO COLE

Aproveitando que foi o día da Muller na Ciencia, acercouse ao noso cole unha oceanógrafa incrible. Mantívonos atentos toda a charla, da cal encantounos o momento en que tiñamos que adiviñar os sons dos animais da ciencia. Esta muller animou en especial as pequenas nenas do cole a que non tiveran medo de adentrarse no mundo da ciencia xa que son benvidas ao mesmo, e son igual de válidas que os chicos a pesares das poucas referencias que existen ao respecto de mulleres na historia da ciencia.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut