Skip to Content

DÍA DA PAZ : 30 DE XANEIRO. CEIP DA CRUZ.

 O día 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz e da Non Violencia. O fin deste día é educar no respeto, a tolerancia, a solidaridade e a concordia, o respeto aos Dereitos Humanos. Esta data conmemora a morte de Mahatma Gandhi, lider nacional e espiritual da India asasinado por un integrista.

É un día no que os colexios se convirten en instrumentos de harmonía e comprensión entre distintas culturas, orixes e crenzas.

No noso colexio quixemos celebralo colgando a palabra PAZ traducida a moitos idiomas. É unha actividad sinxela da que aprendemos e nos hermanamos co resto dos países do mundo para pedir unha soa cousa. O que máis nos fai falla neste mundo . O que agardamos con ilusión todos os nenos e nenas do mundo.

 

 

 

OBRADOIRO DE EMOCIÓNS NA AULA DE 3º E 4º

 Hoxe a orientadora Eva e máis Adelaida, trouxeron á nosa clase un conto moi especial de Anna Llenas. Titúlase "La Joya Interior". É un conto que fala da autoestima e do autovalor e que nos proxectaron na pantalla da clase para que poidéramos apreciar a fermosura das súas ilustracións e da mensaxe que leva: todos temos unha xoia dentro, a nosa esencia, non hai que perdela nunca e acompañarse neste viaxe da vida dos amigos valiosos e da xente que sabe coidar esta nosa xoia. 

A continuación do conto fixemos unha dinámica de emocións que consistía en escribir cualidades positivas dos compañeiros no seu globo que levaría de recordo para casa. Foi unha actividade moi divertida na que saían calificativos moi fermosos adicados aos nosos compañeiros: un bonito recordo de como somos valorados . Unha fermosa maneira de saber que somos queridos. Unha boa pista para decatarnos do valiosos que somos.

OBRADOIRO DE EMOCIÓNS EN 6º

A través do conto "La Joya Interior", de Anna Llenas, a orientadora Eva, e Adelaida fixeron unha dinámica moi divertida que consistía en buscar cualidades positivas dos compañeiros e escribirllas nunha pulseira de cores. Traballar a autoestima e o autovalor é algo moi importante para os nenos nestas edades, xa que se vai forxando unha personalidade  forte, e segura de si mesmos. Aprender a valorar as  aptitudes de cada quen é algo que debemos practicar de cando en vez , nos da seguridade en nós mesmos e nos axuda a medrar.

Foi unha sesión moi divertida e nos levamos un bonito agasallo para a nosa casa, ademáis de saber que somos valorados polos nosos compañeiros dun xeito tan orixinal.

OUTSIDE STORY CLASS

É unha mañá tan fermosa e solleira que a teacher Espe decide dar a clase ao aire libre. Así que faise cun bo puñado de contos e vai a carga facendo as delicias dos máis pequenos. Encántanos os contos, e si son en inglés máis porque soan bonito e a teacher explícanolos xenial.  Queremos moitas máis sesións coma esta. Thanks teacher!

OBRADOIRO DA LINGUAXE: IMAXINANDO CON ANDREA!

Andrea nos trae un novo conto: Respira, de Inés Castel- Branco. A través deste conto e un montón de recursos máis, os nenos de 5 anos vivenciaron a respiración e a relaxación dunha maneira moi orixinal. A respiración coma un barquiño que se pon no peito e cada respiración coma unha cuncha que varía o seu tino. Unha idea xenial con que Andrea nos deleitou e nos deu a oportunidade ademáis de decorar o noso barquiño e as cunchas. Grazas Andrea, por tanto que nos fas imaxinar!

VIII EDICIÓN DO PREGUNTOIRO DO COLEXIO

Nenos e nenas do colexio do Ceip da Cruz, atención!. Comeza a Segunda Parte do Preguntoiro deste curso 2021-22. Xa está colocada a primeira das dez preguntas que faremos neste trimestre. Xa sabedes, propoñemos  unha cada semana para que vós a resolvades antes do xoves que é o día en  que o Equipo Preguntoiro recolle todas as respostas e coloca as puntuacións no taboleiro de puntos.  ASí que, moito ánimo rapaces e rapazas! A por todas! Xa sabedes que as preguntas están relacionadas coa temática dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible ( ODS).  Sodes uns bós detectives? A caza da resposta correcta xa está aquí!

VISITA DE SOGAMA AO COLE

No colexio contamos coa visita de Sogama que nos falou da importancia das tres R no mundo da reciclaxe, e reutilización dos diferentes cousas. Coa a súa axuda estemos comezando un proxecto co compost e tamén cos bidóns de lixo das tres categorías: cartón, envases e orgánico. No cole imos montar unha patrulla Aguia para que se encargue de vixiar si os resíduos están ben repartidos nos distintos contedores. Moitas grazas, Sogama!

DINÁMICAS DE GRUPO EN 3º E 4º

Son éstas, dinámicas de grupo na que se traballa a coordinación motriz, a autoestima,  o sentido de equipo e sobre todo o autovalor , todo mesturado de imaxinación, xogo, atención, concentración e cohesión grupal. Divertímonos ademáis un montón!

MATRÍCULA CURSO 2022-2023: XORNADAS PORTAS ABERTAS

 

 

 

Do 1 ao 20 de marzo ábrese o PRAZO DE MATRÍCULA para os cursos de Educación Infantil e Primaria.

Durante o mes de febreiro poderán realizarse visitas guiadas polo Centro se o solicitades contactando con nós nos teléfonos: 886110386 ou 698167524 ou no correo ceip.dacruz@edu.xunta.gal 

DATAS de PORTAS ABERTAS:

15 de FEBREIRO ás 16H

22 de FEBREIRO ás 16H

 

VISITA O NOSO COLE DE MANEIRA VIRTUAL

 

VISITA SEPRONA AO CEIP DA CRUZ

Hoxe tivemos no colexio a dous representantes do Seprona. Fixeron unha exposición para os nenos e nenas de 5º e 6º na que falaron de todo o relacionado cos temidos incendios que asolan os nosos bosques forestais. Falaron de cómo se detectan , dos avións, bombeiros forestais avioetas.....e tamén do proceso de investigación das causas que os provocaron e do foco no que comezou. Sabemos que os incendios tran unhas consecuencias nefastas para o medio natural e por iso entre todos temos que loitar para que non se produzan. Moitas grazas a estes dous axentes por explicarnos de modo tan didáctico todo o referido ao coidado dos nosos bosques.

Distribuir contido


by Dr. Radut