Despois do anterior día recolectar froitos, flores e follas no campo, neste obradoiro o alumnado presentou o seu Caderno de Campo. Estiveron traballando arreo para explicar ben ao resto dos compañeiros como se chamaba determinada folla, a que árbore pertencía e que froitos daba. Os nenos e nenas de quinto e sexto fixeron unha exposición xenial das características das follas e árbores que lles tocara. Logo o resto do alumnado presenciou como Lola e Andrea, do Grupo de Rexeneración forestal do Val Miñor lles explicaron moitas máis cousas sobre estas follas, e fixeron dinámicas moi divertidas na que os rapaces se tapaban os ollos e adiviñaban a folla que estaban a tocar! Foi unha dinámica moi entretida na que aprenderon mogollón!. Grazas Lola e Andrea! Queremos seguir vivenciando esta área de ciencias da natureza desta forma tan orixinal!