Skip to Content

DEPORTES NO IFEVI DE VIGO

O luns 29 de abril,, o alumnado de 4º,5º e 6º de primaria acudiron ao IFEVI a realizar unha convivencia basada na realización de actividades deportivas. O alumnado de 4º  participou en diferentes modalidades de atletismo: salto de lonxitude, lanzamento de peso, vórtex, 60 metros lisos, 500 metros lisos e relevos de 12 x 60 metros lisos.

O alumnado de 6º competiu nunha Olimpiada de Voleibol, xogando varios partidos en diferentes canchas e gañando a 10 de 12 partidos.

Tato uns coma outros acadaron moi bos resultados e sobre todo disfrutaron dunha xornada especial en compaña de alumnado doutros colexios.

OBRADOIRO DE MÚSICA CON NAIS.

Pero que contentos estivemos hoxe coa visita de Sheila e Nerea! Nais músicas, no cole, que viñeron a deleitarnos coas súas marabillosas melodías. Nenos e nenas de infantil e primaria desfrutamos a tope coa música destas dúas grandes artistas....que tamén teñen filliños artistiñas, como veredes .

MOitas grazas pola vosa visita Sheila e Nerea!  Queremos repetir!

APADRIÑAMENTOS LECTORES. SEMANA DO LIBRO.

Presentámosvos a actividade máis fermosa do noso pequeno e familiar colexio: a dos apadriñamentos e amadriñamentos lectores. Uns momentos máxicos en que cada maior lle le contos a un pequeno, e como agasallo o pequeno regálalle un debuxiño ao seu lector.

As imaxes falan soas acerca da maxia deste momento. Hai que soñar desperto ás veces e si é acompañado moitísimo mellor. Ogallá estes nenos sigan polo camiño da lectura que abre mentes e conquista novos mundos.....

Feliz Semana do Libro!

OBRADOIROS DÍA DO LIBRO.

A mañá do 23 de abril sempre é especial no colexio. Esta vez o equipo de biblioteca quixo que fora aínda mellor que a de outros anos. Os nenos foron organizados en equipos de 22 alumnos que ían rotando nunha Ginkana de obradoiros Stem, como o  de Costura, de Contos motores, Chapas, Marcapáxinas e Construccións inxeniosas. Para estos obradoiros os nenos tiñan que usar todo o seu potencial para acabar facendo a tarefa presentada.....Creemos que teñen grandes habilidades e encántanos que o saiban. Aquí van algúns momentos destes divertidos e orixinais obradoiros.

A ESCRITORA IRIA MISA, NO CEIP DA CRUZ.

Iria Misa é unha coñecida e querida  escritora da nosa contorna que ten publicado libros xuvenís como : " Mamá , quero ser coma Ziggy Stardust" " Xa non estou aquí", " A cidade do átomo", xunto co que estiveron lendo os cursos de 3º e 4º ," Unha veciña de película".

Pero non veu soa, senón acompañada da súa nai, María José, que foi mestra da nosa escola durante moitos anos, e á que os nenos teñen un agarimo especial por ser pioneira  das tecnoloxías no centro e cos nenos e nenas.

Canto nos gustou volver a ver a M José, E tamén nos encantou as vivencias que compartiu esta xenial escritora. Moitas grazas por vir ao noso pequeno cole! Encantounos falar contigo!

CINEMA CON PERSPECTIVA

Os nenos e nenas de quinto e sexto asistiron unha charla denominada "Cinema en Perspectiva". A través de seis curtametraxes aprenderon a analizar o cine dende o punto de vista da igualdade de xénero. Unha actividade que lles gustou moito e que forma parte do proxecto de centro "O cine".

VISITA AO INSTITUTO , DE SEXTO

Este venres pola mañá os rapaces e rapazas de quinto e sexto acudiron ao instituto para facer un percorrido de stands onde os maiores lles amosaron moitas cousas: dende experimentos científicos, ata os contidos de  ciencias máis interesantes. Nin que dicir que lles encantou aprender dos maiores. Xa pronto estarán con eles. Moita sorte rapaciños!

 

 

TEATRO NA SALA ÁRTIKA DE VIGO

Nesta semana o alumnado de 3º a 6º acudiu á sala Artika , de Vigo , para visionar unha preciosa obra de teatro: A illa da Deslembranza. Un canto aos avós en especial. 

 

Esta obra encantoulles a todos os nenos e nenas, xa que estaba chea de efectos e de metáforas que a facían moi atractiva. Encantados de disfrutar do marabilloso mundo do teatro!

DOBLADOR DE CINE NO COLE:DAMIÁN ALONSO

Tivemos unha visita moi especial no colexio: o famoso doblador de películas, Damián Alonso.  Moitas das películas que vemos habitualmente están dobradas por él. Ademáis, non só nos fixo un percorrido polo mundo das dobraxes senón que tamén grabounos e ensinounos moitas técnicas do séptimo arte. Ser actor de dobraxes non é nada doado, pero si moi divertido ,como todos aprendemos. Grazas Damián pola túa visita. Encantounos aprender de ti!

 

SAÍDA AOS CINES TAMBERLICK

Este venres 5 de abril todo o alumnado do centro tivemos unha excursión moi esperada. Como estamos traballando o proxecto do cine eleximos unha película que nos gustara a todos e ......alehop! Nin curtos nin perezosos plantámonos nos cines Tamberlick de Vigo que nos fixo unha acollida especial proxectando a película Kung Fu Panda 4 para todos nós. E nin que dicir que nos encantou. O noso querido personaxe Po esta vez tiña que salvar a todos os seus maestros, confiando nun personaxe que nun principio parecía de moi pouco de fiar......pero grazas aos seus pais e amigos conseguiu o que se propuxera.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut