Skip to Content

CREATECTURA. PROXECTO TERRA.

Resulta que veu ao noso cole unha fabulosa arquitecta chamada Patricia e con sinxelos utensilios acabamos construindo unhas cabañas fenomenais. Este proxecto de arte e construcción entra dentro do proxecto TErra no que estamos adscritos. Foi moi divertido facer estas casiñas con sinxelos pauciños e gomas e adornalas con instrumentos cotiás dándolle simbolismo a través do xogo....Encantounos a actividade! Pasámolo xenial!

HORTO ESCOLAR, DECEMBRO.

Diana e Raquel seguen a traballar connosco no noso pequeno horto escolar. Por cursos imos preparando a terra para sementar, traballando tamén o composteiro e aprendendo un montón de cousas sobre os factores importantes no coidado da nosa horta. Aqui vos presentamos o traballo de decembro.

SAÍDA ESCOLAR A NATURNOVA

Hoxe, os maiores do cole, 3º,4º,5º e 6º, tivemos unha saída a Naturnova, o museo das artes e ciencias e tamén a unha exposición acerca da conserveira de Vigo. Foi unha saída moi interesante en que aprendemos moito acerca dos traballos das mulleres nas fábricas conserveiras e tamén disfrutamos dunha inmersión en 3D nun submarino en Naturnova.

 

 

TALLER ONLINE DE CREATIVIDADE

O Alumnado de 4º,5º,e 6º do cole asistiron a conferencia o xoves 17 de novembro "No dejes que se apague tu creatividad". Foi levada a cabo por Patricia García, finalista dos  Premios Educa ABANCA 2021. Foi unha xornada moi instructiva en que aprendemos moito e tentamos levar á práctica os items estudados. Moi ben rapaces!

ENTRENANDO NO COLE. 3 2 1!

Hoxe viu ao noso cole David , entrenador no Seis do Nadal. Ensinounos moitos trucos de entrenamento e aprendemos un montón. David vai vir varios días a ensinarnos como entrenar e mellorar a nosa táctica. Grazas , entrenador!

MENÚ DECEMBRO XUNTA. 2022.

3 de DECEMBRO: DÍA DA DISCAPACIDADE. CONTACONTOS.

O 3 de decembro celebramos o Día Internacional da Discapacidade. A nós gústanos chamarlle día da Diversidade, pois xa sabemos que todos somos diferentes e, ao mesmo tempo, iguais.

No noso cole celebrámolo de moitas maneiras este día. Unha das maneiras é escoitando este conto e escribindo nunha cometa aquelo que nos fai especial. Si eres fantástico no baile, no fútbol, co debuxo, si destacas por ser estudioso, responsable, ou por facer unhas manualidades que quitan o hipo, escríbeo no teu papaventos e con todas as vosas habilidades especiais faremos un mural.  Todos somos moi válidos e únicos. Irrepetibles! Anímate con esta actividade!

CONCURSO PILABOT: COMEZA A AVENTURA!

O noso centro foi seleccionado para dar o pistoletazo de saída ao concurso do Pilabot. A Xunta de Galicia xunto con Ecopilas, ERP, e Ecolec, presentaron a IV Edición desta campaña de recollida selectiva de pilas e acumuladores portátiles nos centros educativos de primaria e secundaria de Galicia. 

Sen dúbida, o noso compromiso radica na educación ambiental que estas accións de xestión de residuos nos conceden. Implicación e unión da lugar a aprendizaxe.

20 de NOVEMBRO. DÍA DA INFANCIA.

 O  20 de Novembro celebramos o Día da Infancia. No cole traballamos acerca dos dereitos dos nenos. Porque sabemos que no mundo todavía queda moito que traballar en torno a este tema , xa que hai nenos aos que se lles negan os máis básicos. Mentres tanto seguiriemos celebrando esta efeméride que nesta ocasión traballamos a través de debuxos moi bonitos recollidos en lapbooks. Bo traballo rapaces e rapazas!

 

IOGA NO CEIP DA CRUZ

No cole vivimos moitas aventuras. Esta vez, Ghatana, a  nosa querida auxiliar de conversa ,deunos unhas clases de ioga en inglés  ao longo da semana. Con música relaxante e ambiente cálido, vivenciamos a respiración e nos relaxamos axeitadamente.  O Mindfullness é unha área que aos profes do ceip da cruz nos interesa e por iso a teacher adicou tempo á súa consecución. De feito temos pensado comezar un grupo de traballo basada na técnica do Mindfullness. Namasté!

Distribuir contido


by Dr. Radut