Skip to Content

DÍA DO LIBRO 2023

No colexio celebramos o Día do Libro por todo o grande.  Foi unha mañá moi especial que deu o pistoletazo de saída a través da Feira do Libro . Os nenos e nenas trouxeron libros para cambiar por outros , tamén podían traer alimentos para conseguir vales que lles permitían trocar nesta grande feira. Despois do recreo tivemos a actividade dos Apadriñamentos Lectores, que tanto gustan a grandes e pequenos. Cada maior lle lía un conto a un ou varios nenos e nenas . Despois ambos aprendían a facer unha flor de tea chulísima coa que se agasallaban mutuamente.

 Foi un día de convivencia e moitos momentos compartidos. Encántanos este día! E quedan máis sorpresas relacionadas coa Semana do Libro .Preparádevos!

I FEIRA CIENTÍFICA EN SABARÍS.

Ao longo desta mañá os nenos e nenas de sexto acudiron a I Feira Científica do Val Miñor. Nela participaban alumnado do IES Val Miñor e o IES  Primeiro de Marzo. Ensináronlles un montón de cousas e experimentos así como xogos de origami , todo relacionado coa ciencia......E voltaron ao cole encantados amosándonos o que habían aprendido. Así se fai!

I FEIRA CIENTÍFICA EN SABARÍS.

Ao longo desta mañá os nenos e nenas de sexto acudiron a I Feira Científica do Val Miñor. Nela participaban alumnado do IES Val Miñor e o IES  Primeiro de Marzo. Ensináronlles un montón de cousas e experimentos así como xogos de origami , todo relacionado coa ciencia......E voltaron ao cole encantados amosándonos o que habían aprendido. Así se fai!

OBRADOIRO DE XADREZ

Mauro , un gran campeón do Xadrez veu ao noso cole en varias ocasións para ensinarnos a todos os trucos do xogo do Xadrez. É un xogo de estratexia e de anticipación no que hai que saber usar moi ben cada peza para poder gañarlle ao contrincante. Un xogo concienzudo, un xogo moi didáctico que todos estamos desexando aprender....MOitas grazas Mauro pola túa adicación e tempo!

CHARLA POLICÍA: PLAN DIRECTOR

A Policía de Nigrán estivo no colexio dando unhas charlas do Plan Director. Falaron de Acoso Escolar e tamén , noutra sesión, de Prevención de Incendios Forestais. Foi unha conferencia moi didáctica en que os nenos e nenas aprenderon o importante que é o papel dos observadores nunha situación de bullying, tanto que son tanto ou máis responsables do que acontece no colexio cos abusadores. A través da rede tamén hai moitas situacións non legais que hai que atallar canto antes e avisar aos mestres e a calqueira autoridade.

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA DE NIGRÁN

Convidámosvos a asistir aos contacontos que terán lugar na Biblioteca Pública de Nigrán esta semana.....Non volos perdades!

MENÚ ABRIL 2023.

DÍA DA POESÍA

     

O 21 de Marzo celebramos o Dia da Poesía. As mestras de infantil do cole quixeron celebrala dun xeito moi  bonito e especial que está explicado con detalle no  blog de Infantil.

Invitámosvos a que vos pasedes polo seu blog :  https://aorellaverdedaescola.blogspot.com  e así vexades as cousas bonitiñas que vos teñen preparadas, xunto con vídeos moi chulos coma este:

 

 

OBRADOIRO DE COSTURA.

Durante esta semana houbo moito movemento de agullas no colexio !. Tere, da tenda "A ratiña " situada en Ramallosa, deseñou un xenial obradoiro no que fixeron camisetas e bolsas, customizadas e tuneadas por eles mesmos. Coa axuda da profe Nuria, conseguiron que o alumnado se iniciara nesta habilidade tan esquecida pero tan importante, que desenrola a creatividade e moitísimas competencias máis, como a paciencia e o facer a modiño e bonitiño....NIn que dicir que foi o obradoiro estrela do trimestre! Todos os rapaces e rapazas encantados de descubrir novas técnicas artesanais.......en resumen.....como nos gustaría repetir!!!!  Grazas Tere e Nuria!

HORTO ESCOLAR NO FINAL DE MARZO

Con Diana e Raquel seguimos a traballar no horto en divertidas sesións matutinas nas que aprendemos un montón sobre natureza, animais e froitos. ESta vez fixemos múltiples actividades como identificar os pulgóns que despois as xoaniñas comerán, ver como creceron as nosas plantas, degustar como saben algunhas folliñas e tamén plantamos leituguiñas que crecerán bonitas e a finais de curso levaremos para casa. GRazas Diana, encantanos todo o que nos ensinas!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut