Skip to Content

ACTIVIDADES NA HORTA: ABRIL

Non sabiamos todo o  que se pode aprender dun horto escolar ata que chegaron Raquel e Diana a ensinarnos miles de cousas acerca do mesmo. 

Durante esta mañá todos os nenos do cole , por turnos, fomos pasando polo horto escolar , limpalo, recoller as fabas que xa creceran, e facer as seguintes plantacións........Un traballo doado co que disfrutamos a tope!

CHARLA REVITALIZA

Ao cole viñeron especialistas do programa Revitaliza, relacionado coa reciclaxe e o composteiro. Estamos a traballar con eles no plan Proxecta e por iso ao longo desta mañá fixeron unha parte teórica e outra práctica poñendo en marcha o composteiro. No noso cole xa somos dos tres RRR.!!

DÍA DO LIBRO 2023

No colexio celebramos o Día do Libro por todo o grande.  Foi unha mañá moi especial que deu o pistoletazo de saída a través da Feira do Libro . Os nenos e nenas trouxeron libros para cambiar por outros , tamén podían traer alimentos para conseguir vales que lles permitían trocar nesta grande feira. Despois do recreo tivemos a actividade dos Apadriñamentos Lectores, que tanto gustan a grandes e pequenos. Cada maior lle lía un conto a un ou varios nenos e nenas . Despois ambos aprendían a facer unha flor de tea chulísima coa que se agasallaban mutuamente.

 Foi un día de convivencia e moitos momentos compartidos. Encántanos este día! E quedan máis sorpresas relacionadas coa Semana do Libro .Preparádevos!

I FEIRA CIENTÍFICA EN SABARÍS.

Ao longo desta mañá os nenos e nenas de sexto acudiron a I Feira Científica do Val Miñor. Nela participaban alumnado do IES Val Miñor e o IES  Primeiro de Marzo. Ensináronlles un montón de cousas e experimentos así como xogos de origami , todo relacionado coa ciencia......E voltaron ao cole encantados amosándonos o que habían aprendido. Así se fai!

I FEIRA CIENTÍFICA EN SABARÍS.

Ao longo desta mañá os nenos e nenas de sexto acudiron a I Feira Científica do Val Miñor. Nela participaban alumnado do IES Val Miñor e o IES  Primeiro de Marzo. Ensináronlles un montón de cousas e experimentos así como xogos de origami , todo relacionado coa ciencia......E voltaron ao cole encantados amosándonos o que habían aprendido. Así se fai!

OBRADOIRO DE XADREZ

Mauro , un gran campeón do Xadrez veu ao noso cole en varias ocasións para ensinarnos a todos os trucos do xogo do Xadrez. É un xogo de estratexia e de anticipación no que hai que saber usar moi ben cada peza para poder gañarlle ao contrincante. Un xogo concienzudo, un xogo moi didáctico que todos estamos desexando aprender....MOitas grazas Mauro pola túa adicación e tempo!

CHARLA POLICÍA: PLAN DIRECTOR

A Policía de Nigrán estivo no colexio dando unhas charlas do Plan Director. Falaron de Acoso Escolar e tamén , noutra sesión, de Prevención de Incendios Forestais. Foi unha conferencia moi didáctica en que os nenos e nenas aprenderon o importante que é o papel dos observadores nunha situación de bullying, tanto que son tanto ou máis responsables do que acontece no colexio cos abusadores. A través da rede tamén hai moitas situacións non legais que hai que atallar canto antes e avisar aos mestres e a calqueira autoridade.

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA DE NIGRÁN

Convidámosvos a asistir aos contacontos que terán lugar na Biblioteca Pública de Nigrán esta semana.....Non volos perdades!

MENÚ ABRIL 2023.

DÍA DA POESÍA

     

O 21 de Marzo celebramos o Dia da Poesía. As mestras de infantil do cole quixeron celebrala dun xeito moi  bonito e especial que está explicado con detalle no  blog de Infantil.

Invitámosvos a que vos pasedes polo seu blog :  https://aorellaverdedaescola.blogspot.com  e así vexades as cousas bonitiñas que vos teñen preparadas, xunto con vídeos moi chulos coma este:

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut