Skip to Content

VISITA AO INSTITUTO DOS DE 6º

O alumnado de sexto fixo unha visita especial ao instituto ao que está asociado o noso cole. Alí foron benvidos e explicáronlles moitas cousas para acercalos a súa realidade. Esta toma de contacto é moi importante xa que os nosos maiores están desexando ir cara alí e seguir estudando e triunfando! Animo rapaces!

A CANCIÓN DO MES DE MAIO_ LISÍSTRATA

                                          

O Equipo de Dinamización Linguística proponnos para este mes de Maio a canción de Lisístrata , de Fillas de Cassandra. Invitámosvos a que vos pasedes polo seu blog e escoitedes esta marchosa canción galega.

Premede na imaxe e visitaredes o blogue de Dinamización do cole! É totalmente recomendable!

 

VISITA Á HÍPICA RÍAS BAIXAS

Nesta mañá de principios de maio os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º foron visitar a Hïpica Rías Baixas. Desfrutaron do entorno envexable, da natureza e sobre todo dos seus cabalos.......A algúns dábannos medo, pero en xeral nos encantaron xa que son uns animais moi intelixentes que transmiten moita serenidade. Queremos repetir!

              

EXPERIMENTOS DO CEE PANXÓN

Hoxe tivemos a visita especial de alumnado do CEE Panxón, que viñeron a facernos experimentos moi curiosos. Hugo , Nerea e Rosa deleitaron aos máis pequenos do colexio coa maxia da química.....Moitas grazas , compañeiros! Benvidos ao noso cole! voltade cando queirades!

DÍA DE EUROPA

O 9 de maio celebramos no colexio o Día de Europa. A nosa teacher preparou connosco un conto sobre Europa que Dani e Sheila leron ao resto do alumnado. Logo cada alumno de 6º e 5º expuxeron os seus traballos de cadanseu país dos que forman este continente. Foi un espazo de compartir e de desfrutar do traballo dos seus compis....Moi bos traballos rapaces!

DÍA SOBRE O ACOSO ESCOLAR

Esta vez tocoulle ao alumnado de sexto preparar o Dia sobre o Acoso Escolar e a non Violencia. Prepararon un coñecido conto: Invisible, de Eloy Moreno, e léronno entre todos ás clases. Gustounos moito ese conto que explica por que os observadores dun episodio de bulllying son os máis importantes para solventar ese grave problema.

Os chicos e chicas de sexto deixaron como proposta ás clases escribir cousas boas dos nosos compañeiros e metelas nun buzón para ir léndoas paseniñamente. GRazas equipo de sexto polo voso traballo! Gustounos moito!

 

                                   

EU SON INSPECTOR URBANÍSTICO.

En varias sesións viñeron a presentarnos a todos os nenos e nenas do cole o seu traballo tres inspectoras urbanísticas. Expuxéronnos como traballaban respetando os espazos naturais da contorna. Esta actividade forma parte do Proxecto Terra dentro do Plan Proxecta do cole. Ademáis da parte teórica tamén tiveron unha parte práctica e uns agasallos que lle gustaron moito a todos os rapaces e rapazas. E ti....Que sabes da túa contorna?

MENÚ XUNTA MAIO 2023

OS MAIOS NO LISTE 2023

Os maios son unha celebración ancestral que consiste en festexar a chegada da primavera,  engalanando rúas  con montaxes de  fiuncho e distintos tipos de flores. Pois iso fixeron os nenos de Infantil , primeiro e segundo como actividade frente ao Museo Liste.

As familias implicáronse por completo e trouxeron moito material para facer dous preciosos maios arredor dos cales cantamos cantigas populares galegas relacionadas coa temática. Nin que dicir que os nenos o pasaron fenomenal esa mañá.

Logo de traballar arreo nos maios acudiron a ver a obra de teatro Feo, que tamén lles gustou moito...... Foi unha mañá, a mar de divertida!

OBRADOIRO DE MADEIRA

Esta semana todo o cole vivenciou e aprendeu un montón de cousas acerca da madeira,como se obtén, distintos tipos e usos da mesma sempre dende o respeto e o coñecemento. 

Grazas a Manuel de Celtic Yurts e a Madeiras Cadaval por ensinarnos tanto e achegarnos ao traballo con madeira provéndonos dos materiais necesarios. Como vedes, a parte práctica consistiu en facer casiñas-niño para paxariños que colgaremos nas árbores do cole . Moitas grazas por esta xenial e didáctica experiencia!

Distribuir contido


by Dr. Radut