Skip to Content

Actividades na horta

HORTO ESCOLAR. COMEZAMOS!

Soa a campá! Ring! Comezamos a tempada do coidado do noso horto escolar. É certo que é pequeniño, pero tamén moi xeitosiño.  Facemos sementeira de rúcula e chícharos e tamén plantación de leitugas e folres. Facemos un banco de sementes de tomate e pemento. Gracias a Diana e a Raquel por ensinarnos tantas cousas sobre a horta. Sabedes un montón! Estes momentos coas mans na terra ou na herba son inesquecibles. Encántanos!

EXPERIENCIAS NA HORTA: 6 ,7 MAIO

Nestes solleiros primeiros días de Maio, todo o alumnado do ceip da cruz, monitorizado por Diana e Raquel, de Somos Terra, fixemos actividades na horta: dende a colleita de verduras, ata a plantación doutras novas, acomodo do composteiro, observación do niño de paxariños rabirrubio, ata preparación de bancada nova con canas para os tomates, as leitugas e os porros,xa que se dan moi ben xuntos, espantando a cheirume do porro aos bichos. 

Grazas Diana e Raquel por ensinarnos tanto sobre a natureza! Encántanos o noso horto escolar!

COIDANDO A HORTA: @SOMOS TERRA

Nova mañá adicada a horta no ceip da cruz. Esta vez Diana e Raquel nos ensinaron o que era "ralear" a horta, é dicir coidar o seu solo xa que non todas as herbas que nacen son malas. Fixeron moitos experimentos: tocaron a ortiga e a frotaron con menta salvaxe descubrindo así, que non picaba!! Revisamos as plantas aromáticas que están preciosas: a lavanda servirá para cosméticos e champú, a herba Luisa para infusións xa que calma a dor de barriga, e o tomillo e orego para condimentar a comida. Como último traballo fixemos un acolchado para evitar malas herbas e guardar humidade........Foron moitas, pero que moitísimas as cousas que nos ensinaron . Estámoslles moi agradecidos!!! E levamos as primeiras leitugas a casa! Unha xornada ben aproveitada!

DECORANDO A HORTA ESCOLAR.

Nesta solleira maña de mediados de marzo os nenos e nenas do ceip da cruz quixeron decorar os bancais da horta. Fixeron acopio de ideas, de cores e de motivos a pintar e puxéronse mans a obra. Queremos un horto bonitiño, neste colexio que é a nosa segunda familia. Poder poñelo ao noso gusto é todo un gustazo!!! Bo traballo chicos e chicas!

TRABALLANDO NO HORTO ESCOLAR

Unha vez máis, Diana e Raquel , da asociación Somos Terra, viñeron ao cole para facer diversas actividades con todo o alumnado: dende o máis pequeno ata os maiores. Foron moitas as actividades realizadas: plantación de aromáticas, transplante a plantiñas que levaron a casa os máis pequenos , e incluso supervisión de bichiños que non son bos para as plantas que están a medrar. 

Unha experiencia marabillosa, porque nos encanta traballar ao aire libre e xa lle temos moito cariño ao noso horto escolar. Moitas grazas!!!

RECICLAXE: REGADEIRAS POÉTICAS

Pero que fixeron o equipo de quinto de primaria esta vez? Pois xa vedes, nada menos que unhas regadeiras para o horto escolar  apegadas a poemas sobre a horta ; son regadeiras poéticas. Estarán a vosa disposición para lograr que o noso querido horto vaia para adiante. Quedaron bonitiñas, non si?

23 F: PENSAMENTOS EN HONOR A ROSALÍA

No colexio celebramos o día de Rosallía plantando o que sería o seu horto favorito: cheo da súa planta preferida que agora sabemos que son os pensamentos. Por iso todo o colexio se volcou a plantar a Horta de Rosalía. Aquí vos enviamos algúns momentos desta plantación, que cremos que foi todo un éxito. Bo traballo , rapaces e rapazas!

HORTO ESCOLAR: FEBREIRO 2022. ODS

Diana e Raquel chegaron ao noso  colexio para axudarnos e orientarnos co horto escolar. Prepararon unhas sesións moi interesantes nas que os nenos plantaron brécoles, cebolas, remolachas, coles de bruselas, leitugas, escarolas......Os máis pequenos fixeron semilleiros de tomate e os levaron a clase para que vaian medrando e logo transplantalos ao horto. Os de tres anos fixeron un semilleiro de guisantes na clase. Tamén plantaron prímulas, flores que favorecen a polinización de abellas e abejorros.

MOitas grazas polo didáctico das vosas sesións, que ata contacontos tivemos para introducilos no tema da hora!

OBRADOIRO DA NATUREZA NO VIVEIRO

Esta derradeir semana de febreiro fixemos dúas xornadas de obradoiros no Viveiro do colexio,: Na primeira xornada  os nenos e nenas plantaron sementes de sobreiras, carballos e castiñeiros no viveiro, con moito coidado e agarimo. E na segunda xornada, os maiores transplantaron as árbores que estaban xa crecidiñas no viveiro, e as  levaron ao medio do monte, un lugar precioso como vedes nas fotos, destinadas a reforestar esta nosa terra galega. Moitas grazas as monitoras que con tanto acerto fixeron que aprenderan un montón sobre o máis importante das ciencias naturais, como son as aplicadas á vida mesma!

Distribuir contido


by Dr. Radut