Dentro do programa Xogade (xogos en idade escolar) hoxe tocoulle ao alumnado de 4º e 5º de educación primaria realizar un circuito na pista co colexio. Practicaron varias veces o circuito mostrando uha boa destreza no manexo da bicilceta e cun bo equilibrio ao pasar por conos e barras estreitas. Finalizamos a actividade cunha crono individual, logrando mmoi bos tempos. Por iso quedamos moi ledos e ademáis o monitor, Asier, felicitounos polo bo comportamento e polo afán de superación.
Non queremos rematar sen agradecer ás familias a colaboración polo esforzo de achegar as bicis ao centro. Grazas!