Skip to Content

LIBROS E MATERIAL 2024-2025

Podedes descargar nos enlaces (2 ADXUNTOS) a lista de libros de texto que se empregarán no curso 2024-2025, así como o material escolar necesario. Lembrade que se xa tedes material dos anos anteriores, non é preciso mercalo. 

Proximamente vos avisaremos para recoller os vales de Fondo Libros.

 

 

BECAS ALUMNOS NEAE. INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

CEIP DA CRUZ

AS FAMILIAS CONTAN

No Ceip da Cruz temos un tesouro que hoxe queremos poñer en valor: as nosas familias. Grazas a elas, durante todo o curso os nenos e nenas poideron disfrutar duns obradoiros superinteresantes que nos encantaron a todos. Os nosos pais e nais non dubidaron en acercarse ao cole a traballar man a man coa mestra Raquel, sendo para os máis pekes un exemplo de como se fan ben as cousas. Moitas grazas por colaborar connosco e agardamos que o sigades facendo nun futuro inmediato. Dende aquí vai a nosa homenaxe! Moitas grazas!

MUSICAL DE CINE: 5º E 6º

O alumnado de 5º e 6º preparou con todo o agarimo do mundo un Musical do Cine, no que fixeron percorrido polos bailes máis icónicos e representativos da historia do cine, comezando polo cine mudo , pasando por un montón de películas que nos fan recordar bos momentos pasados. Grazas nenos e nenas por poñer toda a carne no asador e demostrarnos a todos, que sodes uns artistiñas. Grazas a mestra Patricia, que con tesón e traballo conseguiu crear un musical único que nos encantou a todos!!! Moi ben chicos e chicas! Canto talento!!!

HORTO ESCOLAR: DERRADEIRO DÍA ANTES DAS VACACIÓNS

Tivemos o derradeiro encontro con Diana e Raquel , expertas na horta escolar que nos animaron a admirar o que creceu o horto ademáis de darnos un montón de datos do mesmo. Xogamos a xogos para identificar productos da horta e asignalos a unha estación, plantamos os últimos da primavera , e xa si, tivémonos que despedir ata o curso que vén das nosas queridas monitoras de horta, que tanto saben e tan ben nolo explican. Grazas Diana e Raquel!

 

PLENO NO CONCELLO DE NIGRÁN.

Xián e Norma, alumnos de 4º de primaria acudiron ao Concello a participar nun debate acerca de sostibilidade e o aumento de turismo. Tiveron que expoñer os pros e os contras ademáis de dar solucións para o problema da masificación de xente no verám. Foi unha actividade moi chula na que os peques sacaron todas as súas armas de convicción para expoñer o seu pensar. Encantounos esta experiencia. Para o ano que vén, máis!!!!

CERTAME DE ODS: TUI

O alumnado de 3º e 4º viaxou ata TUI para facer unha exposición de "Xoguetes de Cine". Montaron un stand no que expuxeron todas as manualidades feitas  de reciclaxe para xoguetes. Foi unha experiencia moi bonita xa que ensinaban a todo o mundo que pasaba pola zona, cómo xogar con eles....Aprenderon moito uns dos outros e nin que dicir que para o vindeiro ano queremos repetir!

AGRUPACIÓN MUSICAL . APÚNTATE EN NIGRÁN!

Se che gusta a música e vives cerca de Nigrán ,esta é a túa oportunidade de apuntarte a un grupo musical xenial! Está destinado a nenos e nenas de todas as edades. Se desfrutas coa música, non o dubides. Apúntate!

FESTA FIN DE CURSO DO CEIP DA CRUZ .

Atención familias do colexio Ceip da Cruz!

Estamos emocionados de anunciar que a festa de fin de curso está programada para o 20 de xuño! Será un día cheo de risas, alegría e moita diversión para toda a familia.

Como é tradición, o ANPA organiza esta festa tan especial, pero necesitamos da colaboración de todas as familias. En que consiste? En traer comida para compartir e disfrutar xuntos dunha deliciosa merenda ao aire libre!' 

Este ano, queremos facer algo diferente e encher o noso evento de cor e ledicia. Como? Celebrando unha auténtica Holi. Para aqueles que non estean familiariazados, Holi, é unha festividade indú chea de cores vibrantes que simbolizan a entrada da primavera e a vitoria do ben sobre o mal. É unha experiencia única que non podedes perder! 

Ademáis , decidimos fusionar a maxia de Bollywood na nosa festa, inspirados polo proxecto anual do colexio centrado no cine.  Imaxina a combinación perfecta entre a vibrante paleta de cores de Holi, e os ritmos contaxiosos de Bollywood! 

Por iso , que che parece se nos sumamos á diversión vestindo de branco? Non só será a ocasión perfecta para dar renda solta á nosa creatividade coas cores de Holi, senón que tamén engadirá un toque de elegancia e unidade á nosa celebración.

Ademáis haberá:

----Festa da Espuma.

----Pintacaras: Tatoo glitter

----Xogos, coreografías, sosrteos....

---- Choiva de caramelos....e moito máis!

Así que , preparade  os vosos mellores movementos de baile, cargade a vosa bolsa de cores e vinde vestidos de branco o  20 de xuño para disfrutar dunha festa inesquecible na compaña de toda a comunidade escolar.

Non volo perdades!

****Lembrámosvos que neste tipo de festexos os peques teñen que ser supervisados pola propia familia. 

Ademáis ,nesta ocasión, xa que contamos con dous tipos de festa: con polvos e con espuma, recoméndase traer protección para os ollos ( gafas de mergullo)*****

O concello dónanos a auga para que o ritmo non pare por mor da sede.

Vémonos na festa!

Distribuir contido


by Dr. Radut