Estimadas familias, o pasado martes, 12 de novembro, celebráronse as votacións dos vosos representantes no Consello Escolar.
Habendo dúas vacantes presentáronse dúas candidatas, as cales saliron elixidas.
Compartimos os seguintes datos por se son do voso interese:
- nº de nais/pais censados: 175
- nº de votantes: 38
- Resultados:
Grazas a todxs por participar.
A dirección
Estimadas familias: pola presente achégase circular informativa sobre o desenvolvemento das eleccións ao Consello Escolar do centro.
Un saúdo
A dirección
Achegamos cartel dunha actividade relacionada cos Bolechas na casa da cultura, para o venres 18 de outubro.
A dirección
Achegamos circular para informar do sorteo público dos membros da Xunta Electoral
A dirección
Estimadas familias, achegamos as listas de materiais que empregará o alumnado no curso que comeza.
Da titoría de 4º de EP non está nada posto aínda, pois estamos á espera de que a Consellería de Educación nomee a un/unha mestre/a. En canto sexa posible publicaremos a lista dese curso.
Un saúdo
A dirección
Pola presente recordamos os prazos e horarios para a recollida de vales:
A dirección
A formalización da matrícula para o alumnado novo será do 20 ao 30 de xuño.
Os diferentes formularios e documentos a presentar poderanse recoller na conserxería ou descargar desta publicación.
Os documentos que se entregarán cando se formalice a matrícula serán:
- Formalizar a matrícula no impreso correspondente (anexo III).
- Fotocopia do D.N.I. do/a alumno/a ( se o tivese) e fotocopia do libro de familia.
- Fotocopia libro de vacinas
- 4 fotografías tamaño carné (só para infantil de tres anos)
- 1 fotografía nos demais cursos
- Certificado de empadroamento
- Fotocopia cartilla da seguridade social
- Cubrir os anexos que se achegan con esta publicación.
A dirección
Prazo para presentar solicitudes: Ata o 21 de xuño de 2024 ( este incluído).
DESTINATARIOS:
• Fondo solidario de libros de texto do alumnado: 3º, 4º, 5º e 6º EP.
• Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado: 1º e 2º de EP e EE
• Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.
PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
1. Poderán presentar solicitudes os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado.
2. A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2024/2025. No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación fondolibros será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno, aínda que estean no mesmo centro.
3. A persoa solicitante é quen debe recoller o/s vale/s que lle sexan concedidos.
4. Ademais da presentación de forma presencial no centro, os cidadáns poderán realizar a solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia, accedendo ao procedemento ED330B, que enlazará coa aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/), e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude. Posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:
• Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude (anexo I) e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación (A solicitude xa terá asignado un número pola aplicación e o centro pode recuperala). *O alumnado que cursa 6º este ano e promocione á ESO, entregará a solicitude no IES para o que vaia.
• Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia a través do formulario normalizado (E330B- anexos I e II). Poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave365. Neste suposto o centro recibirá un aviso no seu correo electrónico que lle informará de que ten solicitudes presentadas por esta vía.
DOCUMENTACIÓN a entregar:
- Anexo I (é a solicitude) debidamente cuberto.
Todas as solicitudes deben presentar: copia do libro de familia, ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar..
Toda a outra documentación que poida precisarse está indicada nos distintos apartados do formulario (anexo I), no apartado “DOCUMENTACIÓN QUE SE PRESENTA”.
- Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar): son as autorizacións de todos os membros da unidade familiar, agás o solicitante.
No primeiro cadro autorízanse as consultas/comprobación dos DNI e certificados de discapacidade e/ou pensión de incapacidade, se é o caso.
MÁIS INFORMACIÓN NOS DOCUMENTOS QUE SE ACHEGAN CON ESTA PUBLICACIÓN E NA SEGUINTE DIRECCIÓN
https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/
Estimadas familias:
Pola normativa de protección de datos non podemos publicar a listaxe definitiva de admitidos. Dita lista estará exposta no taboleiro do centro.
O que si podemos confirmar é que todas as solicitudes obteñen praza na asignación definitiva.
A dirección