Skip to Content

Biblioteca

Visita de Sabela Gago

O xoves 6 de xuño visitou o noso centro Sabela Gago: mestra de teatro adicada á dinamización á lectura. 
Realizou unha actividade co alumnado de 5º e 6º de primaria na que caracterizaron e interpretaron a súa propia historia, para a cal fixo falta creatividade e conexión entre as partes da mesma. 
Gustounos moito esta actividade.

 

Visita de Eduardo Santiago

O pasado mércores visitounos o escritor Eduardo Santiago. O alumnado de 3º trasmitiulle o seu entusiasmo polo seu libro
"A miña amiga invisible". Fixeronlle unha morea de preguntas e foi un encontro moi interesante para todos eles.

Lectura na Bouza

Este luns os nenos e nenas de 1º fomos ao parque da Bouza para compartir unha pequena hora de lectura cos rapaces do Cristo da Victoria que o vindeiro curso, pasarán a Primaria. Cada ún deles escolleu un conto para lerlle ao compañeiro que elixiu. Fixéronno moi, moi ben porque xa son grandes lectores! Os máis pequenos disfrutaron do momento nun ambiente fermoso. Despois do conto tocó merenda e xogo!.  Foi unha mañá marabillosa de contos e sol...

Visita de Luís Vallecillo

Hoxe, o alumnado de 1º a 4º, tiveron a sorte de contar con Luis Vallecillo, un artista multidisciplinar madrileño de nacemento e galego de adopción. Fantástico músico, cantautor, dramaturgo e titiriteiro.. Con el cantamos e aplaudimos ao ritmo de cancións que nos lembraban a autores como Manuel María ou Rosalía de Castro. Pasámolo moi ben!

Visita da autora Ledicia Costas

Onte o alumnado de sexto tivo a gran sorte de contar con Ledicia Costas na nosa biblio ( e aínda por riba, coincidindo co Día do Libro).

 
Compartimos con ela anécdotas, ideas...e unha morea de gargalladas.
 
Tras leren a "Escarlatina" quedamos agora con ganas de seguir lendo moitas máis historias desta marabillosa autora.

Visita Xavier Domínguez

Este xoves 21 de marzo tivemos a sorte de contar coa presenza do autor Xabier Domínguez que escribiu xunto con Alba de Evan un fantástico cómic “Miquits” para os cativos de 2º curso.

Xabier ensinounos a través dunha presentación e varios vídeos como é o proceso de creación dun libro e a cantidade de persoas que están implicadas neste proceso.  A súa orixinalidade cautivou ao alumnado, que tivo moitas preguntas sobre os personaxes. Tamén nos sorprendeu co lanzamento da segunda parte de “Miquits” que sairá arredor de setembro. Por último, fixo unha firma de libros e o alumnado entregoulle varios debuxos como agradecemento.

 

 

Visita de Celtia Figueiras

O martes 19 de marzo visitounos Celtia Figueiras, autora do libro "A banda dos insectos". Lectura coa que o alumnado de 4º puido desfrutar durante algunhas sesións. 
Celtia contounos moitas curiosidades sobre o libro, e respostou ás preguntas que a rapazada lle plantexou. 
Invitámosvos a todos a ler o libro, ao noso alumnado encantoulle, ademais de poder cantar e bailar coas cancións que podedes escoitar durante a súa lectura.

Biblioteca Moraima

SERVIZO DE BIBLIOTECA

A partires do día 2 de outubro a biblioteca permanecerá aberta polas tardes en horario de 16:00 a 18:00, agás os martes.

Infórmase aos usuarios de que poderán facer devolucións e empréstitos dos libros, lectura, emprego de ordenadores...

Todo o alumnado deberá estar acompañado en todo momento dun adulto responsable que se fará cargo do seu coidado, agás o alumnado de 5º e 6º que teña autorización para abandonar só o centro escolar.

 

 

Día do Libro e presentacións dos faros

O blog da nosa biblioteca está cheo de sorpresas no Día do Libro deste ano. Non deixedes de visitalo porque nel atoparedes fotos da exposición que montaron na entrada do colexio e as presentacións sobre os faros que se traballaron en cada nivel e grupo.

O noso proxecto segue vento en popa e no blog encherédevos da brisa do mar por doquier. Enlace

Mergúllate nun libro e deixa voar a túa imaxinación!

Día de Rosalía de Castro

Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut