Skip to Content

*Novo: Información importante sobre as autodeclaracións de comedor Enlace

Impreso autodeclaración comedor curso 2024-25 Enlace

Información fin de curso Enlace

Samaín

Samaín 2023

Un, dous, un, dous e tres!, a ritmo de marcha celebramos o noso Samaín olímpico cunhas horripilantes cabazas en plena forma achegadas polas familias, que outro ano máis amosaron o seu bo facer.

O Samain de 5º

Chegou o día de Samaín! Día máxico de conxuros e meigas, cabazas e lendas. Nas clases de 5º quixemos festexalo con estos videos que esperemos vos fagan tremer do susto!!!

Felíz Samaín!

 

Samaín

SAMAÍN EN 1º

O mércores 31 de outubro celebramos o Samaín cunha agradable visita á nosa antiga Escola Infantil. Alí atopámonos cunha morea de bruxas, esqueletos e outros personaxes terroríficos que nos puxeron os pelos de punta.

Moitas Grazas a todos eles, pasamos unha xornada terroríficamente divertida!!!!!!!!!!

Ver fotos

SAMAÍN

SAMAÍN 2018

Ai, que escuridade! Entramos no colexio en penumbra rodeados de cabazas ameazantes, música de terror e xente con roupas moi estrañas que metían medo!

Sama, Sama, Samaín! Empeza o día máis terrorífico do ano. O colexio foi invadido por aterradoras cabazas que nos seguían coa mirada. Tamén asistimos a unha sesión na entrada do cole onde unha contacontos narraba historias baseadas en lendas e mitos galegos. Mamasiña, que medo!!!

Ver fotos exposición cabazas

 Ver fotos Samaín

Samaín 2016

SAMAÍN 2016

Mamasiña, que medo!!!

O mundo das sombras anegou a entrada e desconcertantes cabazas axexaban a quen osaba entrar no vestíbulo, presidido por un par de pantasmas nada amigables.

O colexio converteuse en escenario de historias de medo narradas e dramatizadas por alumnado do centro que, entre cabazas decoradas e libros de medo, poñía a proba a valentía dun público ben atento polo que puidese acontecer!
Seica din que as pantasmas non existen, pero por se acaso...

VER FOTOS

Samaín 2014

SAMAÍN 2014

E chegou o momento do medo!!!!

A biblioteca sacou á luz a súa cara máis terrorífica e os corredores e a entrada do centro enchéronse de seres aterradores que agardaban en calquera esquina en forma de pantasmas ou cabazas horripilantes. Botádelle unha ollada á exposición de cabazas que as familias do colexio decoraron amosando, unha vez máis, a súa creatividade.

Samaín 2013

SAMAÍN 2013

Presentamos nestas imaxes o éxito da II Exposición de cabazas e a I Exposición de espigas de millo para celebrar o Samaín. Un ano máis pasamos momentos de medo porque foron moitos os nenos e nenas que viñeron disfrazados para METER MEDO.

 

Seguindo coa nosa tradición volvimos a invitar ao noso alumnado a achegarnos as súas historias de medo. Grazas a todos os que participaron nesta actividade, foi moi difícil escoller unha gañadora por clase, porque todas era de MOITO TERROR. Aquí tedes eses relatos para que compartades tamén os nosos medos!

 

 

E non esquezades pasarvos polo blog da biblioteca para mergullarvos na arrepiante decoración destes días de historias e medo!

 

 Preme na imaxe para ver as fotos desta celebración

Samaín

SAMAÍN, SAMAÍN!!

 

 Que sabes do Samaín?

Ainara, de 5º B, comparte connosco este Glogster onde nos conta algunhas cousiñas sobre esta celebración outonal e nos anima a pasar un bo rato cunha canción de Halloween.

 

Que pasedes un escalofriante Samaín!

Enjoy your scary Halloween!

 

A bailar co Samaín

A BAILAR CO SAMAÍN!

 

Chega o Samaín, tempo de cabazas e dalgún que outro susto!

Para que te vaias preparando para esta arrepiante tradición invitámoste a botar un pé na pista e pegarte uns bailes para espantar todos os males.

 

Samaín 2013

 Samaín - Halloween


RECURSOS EDUCATIVOS

 

Información sobre a orixe e evolución do Samaín.

 

Xogo para os máis pequenos.

 

EdiLim do CEIP de Pazos.

 

EdiLim do ENDL do CEIP A Pedra.

 

EdiLim colaborativo.

 

EdiLim elaborado por Belén Junquera e Ana Martínez

 

Xogos, manualidades, vídeos e outros recursos.

 

Presentación en Power Point deste conto para os máis pequenos

 

Unidade didáctica da Xunta de Galicia.

 

Crebacabezas con varios niveis de dificultade.

 

Webquest, xogos, manualidades, vídeos e outros recursos.

 

 

Recursos multimedia para coñecer a tradición de Samaín e Halloween.

 

Recompilación de enlaces doutras webs con variedade de recursos.

Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut